O trance en España agudízase coa
caída en barrena do mercado laboral. O paro subiu en 365.900 persoas no primeiro trimestre do ano, o 6,9% máis, situándose o número total de desempregados en 5.639.500 persoas, cifra inédita ata agora para a economía española. Na comunidade galega o paro subíu en 25.200 persoas sendo as provincias da Coruña e, especialmente a de Pontevedra, as máis castigadas.
O récord bateuse nas primeiras semanas de aplicación da
reforma laboral aprobada polo Goberno. Máis de 1,7 millóns de familias teñen a todos os seus membros no paro. A nova lexislación acelerou 327 expedientes de regulación de emprego.
A taxa de paro escalou ao peche de marzo ata o 24,44%, porcentaxe case 1,6 puntos superior á do trimestre anterior, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) feita pública este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Durante o primeiro trimestre destruíronse 374.300 postos de traballo (-2,1%), co que o número de ocupados alcanzou a cifra de 17.433.200 persoas, o seu nivel máis baixo desde o terceiro trimestre de 2003.
O descenso da ocupación foi case tres veces superior entre os varóns, con 278.300 empregos menos, que entre as mulleres (96.000 menos), aínda que o aumento do desemprego no trimestre afectoulles de xeito similar, con 183.700 parados máis no caso dos varóns e 182.200 mulleres máis en paro.
En comparación co mesmo periodo do ano pasado, o paro incrementouse no primeiro trimestre en 729.400 desempleados, o 14,8%, mentres que os empregos destruídos alcanzan os 718.500 (-3,9%).
Récord histórico
A taxa de paro alcanza así o seu nivel máis alto da serie histórica comparable, que arrinca en 2001. Remontándose máis atrás, utilizando series non comparables, non se alcanzaba unha porcentaxe desta natureza desde o primeiro trimestre de 1994, cando a taxa de paro situouse no 24,55% (o seu valor máis alto desde 1976).
O número de fogares con todos os seus membros en paro aumentou no primeiro trimestre en 153.400, o 9,7% máis que no cuarto trimestre de 2011, e xa alcanzan a cifra de 1.728.400.
Galicia
Na comunidade galega hay 265.600 parados. Esta cifra equivale ao 20,18% da poboación activa e supón un aumento considerable con respecto ao número de desempregados do anterior trimestre -- 25.000 persoas--.
Por provincias, destacan os pésimos datos de Pontevedra. A taxa de paro disparouse até o 25,08% situándose no 25,08, unha porcentaxe que supera incluso á media española, deun 24,55%. Dos 265.600 parados, 114.900 rexístranse só en Pontevedra.
A segunda provincia que presenta unha peor taxa é A Coruña con 99.500 persoas sen empleo e unha taxa de paro do 17,5%. O número de parados aumentou en 9.000 persoas dende o anterior trimestre.
A terceira provincia en canto a número de datos é Ourense, con 27.200 parados. O lucense é o mellor dato galego. A cifra absoluta acada os 23.900 parados