O presidente e primeiro accionista de Martinsa Fadesa, Fernando Martín, considerou este venres "non só adecuado, senón imprescindible e xusto" percibir 2,65 millóns de euros o ano pasado, tras ser interpelado polas súas remuneracións en 2011 por un dos asistentes á xunta xeral de accionistas que se celebrou na Coruña.
A pregunta foi realizada na votación do sétimo punto da orde do día, relativo ao informe anual sobre a política de retribuciones, que foi aprobado, pero con tres votos en contra.
Á pregunta de se lle parece adecuado recibir esa cantidade, Martín contestou: "É unha pregunta e eu respóndolle. Non só me parece adecuado, senón que me parece imprescindible e xusto", subliñou, antes de continuar coa votación de asuntos que formaban parte da orde do día.