A subida do tipo xeral de IVA do 18% ao 21% entrará en vigor o próximo 1 de setembro, tal e como avanzou o ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro. Nesa mesma data, subirá o tipo de reducido do 8% ao 10%, mentres que se manterá o tipo superreducido, o que grava os bens de primeira necesidade no 4%.
O incremento do imposto, segundo Montoro, completarase cunha redución das cotizacións á Seguridade Social un punto en 2013 e outro en 2014.
A vivenda xa non desgrava
O Goberno suprimirá a desgravación no IRPF pola compra de vivenda nova a partir do 1 de xaneiro de 2013, cando o tipo do IVE destas transaccións deixará de ser o superreducido do 4% e situarase no 10%.
Segundo detallou Montoro, a partir do 1 de xaneiro de 2013 "quedará suspendida a desgravación por compra de vivenda". Faio apenas un ano despois de que o Executivo do PP recuperase a bonificación, que encabuxou especialmente aos socios do Eurogrupo. En Bruxelas manteñen que non é un dinamizador da actividade económica.