Noticia Extendida  (content)
Noticia Extendida  (content)

Primark abre tenda en Santiago e ve en Galicia "gran potencial de crecemento"

A cadea de moda 'low cost' recibiu 7.000 curriculums para os 171 postos que oferta
On Redacción
25/10/2012 17:39
Enviar Imprimir Read Later Enviar Correccións
A+   A-
0
A cadea irlandesa Primark alcanzará as 250 tendas en Europa coa apertura do seu primeiro establecemento en Santiago de Compostela, cuxa inauguración está prevista para o próximo 15 de novembro, segundo informou a compañía.

Con esta nova apertura, Primark España elevará a súa rede comercial a 33 puntos de venda, que unidos aos seis locais que ten en Portugal converten ao mercado ibérico no segundo da compañía en número de tendas por detrás do Reino Unido.

A nova tenda de Santiago de Compostela, cunha superficie de 2.500 metros cadrados no novo centro comercial das Cancelas, é a terceira da firma en Galicia, xa que conta con outros dous puntos de venda na Coruña.

Potencial galego


O mercado español, no que desembarcou en 2006, foi o punto de partida deste plan de crecemento, que continuou noutros países como Portugal, Alemaña, Holanda, Bélxica e Austria.

"A fórmula Primark tivo unha resposta moi positiva en Galicia, onde aínda observamos un gran potencial de crecemento", sinala o director xeral de Primark Iberia, José Luís Martínez de Larramendi.

A tenda de Primark en Santiago de Compostela contará cun persoal de 171 empregados, seleccionados entre máis de 7.000 currículos recibidos. Os novos traballadores uniranse ao equipo de máis de 5.000 persoas que actualmente compoñen o persoal da empresa en España.
0
comentarios
* Obrigatorio
Noticia Extendida  (content)
Noticia Extendida  (content)