Nauterra (Grupo Calvo) compra unha planta en Brasil tras a quebra do seu anterior propietario, que lle debe 10 millóns
A conserveira galega regresa ao mercado dos subprodutos de peixe en Brasil coa adquisición dunha planta en Itajaí por 13 millóns ao Grupo Patense, en proceso concursal desde 2024 e con Nauterra como un dos seus acredores.