O PSOE galego desmárcase de Ábalos tras a súa entrada en prisión: «Xa non está no partido»
A deputada autonómica do PSdeG, Silvia Longueira, asegurou que o caso "está nas mans da xustiza" e evitou pronunciarse sobre a petición de 24 anos de cárcere para o que fora ministro de Transportes e secretario de Organización do PSOE.
O exministro de Transportes, José Luis Ábalos, xunto ao seu exasesor Koldo García, investigado por unhas supostas ‘mordidas’ na compra de máscaras / Europa Press
O PSdeG galego evita responsabilidades tras a entrada na prisión de José Luis Ábalos. A deputada autonómica do PSdeG, Silvia Longueira, subliñou que o que fora secretario de Organización do PSOE e ministro de Transportes “xa non está” no partido e que o caso “está nas mans da xustiza”, que é “onde debe estar”.
Durante a súa intervención, Longueira defendeu que o PSdeG fai é “respectar, como sempre”, o que decida a xustiza e que as medidas preventivas “acátanse e execútanse”.
“Deixamos moi claro desde o inicio que xa non estaba no noso partido, que non é algo que estea na nosa man e que está nas mans da xustiza, que é onde debe de estar”, recalcou.
A Fiscalía pide unha pena de 24 anos de prisión para José Luis Ábalos polo cometimento de uns presuntos delitos de pertenza a organización criminal, suborno, tráfico de influencias, malversación e uso de información privilexiada. No caso do seu man dereita, Koldo García, a petición de cárcere redúcese ata os 19 anos e medio.