Besteiro pede uma cimeira entre a Xunta, o Governo e a SAIC para facilitar o seu desembarque na Galiza
O líder dos socialistas da Galiza transmitiu ao secretário de Indústria, Jordi García, a criação de uma mesa de trabalho por entender que para atrair a SAIC Motor a Ferrol é necessário mostrar "cooperação institucional, visão de país e altura política"
O secretário xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, em reunião com o secretário de Indústria, Jordi García Brustenga / PSdeG
O secretário xeral do PSdeG move ficha perante o interesse da SAIC Motor por se instalar em Ferrol. O líder dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, propuxo ao secretario de Industria, Jordi García Brustenga, a creación dunha mesa de traballo na que estean presentes polo menos o Goberno central, a Xunta de Galiza e a SAIC Motor.
A través dunha nota de prensa, o PSdeG subliña que Besteiro puxo en valor que “o maior fabricante de automóbiles de China está cada vez máis preto de instalarse en España, e Galiza non pode contemplar esta oportunidade desde a distancia”. Ao seu xuízo, o territorio pode achegar “experiencia” no sector, a “fortaleza” dos portos, o “coñecemento” da industria auxiliar e a “necesidade” de abrir novas expectativas en comarcas incluídas no ámbito da Transición Xusta, como é Ferrolterra.
Neste sentido, subliñou que unha oportunidade destas características require “cooperación institucional, visión de país e altura política”, polo que propuxo a creación dunha mesa de traballo na que estea representado o Goberno central, a Xunta e a empresa. Todo iso co obxectivo de avanzar nunha proposta “sólida, coordinada e ambiciosa” para que Galiza garanta, coa instalación da planta, as condicións “máis beneficiosas” para o territorio.
É por iso que se busca que a planta fortaleza a industria auxiliar da automoción e dos compoñentes (os seus plans contemplan a creación dunha planta para tal propósito en As Pontes), que impulse a colaboración coa Universidade, os centros de investigación e innovación, e xere emprego estable e cualificado.
De SAIC Motor a Alcoa
En paralelo, o dirixente socialista tamén realizou un seguimento sobre os temas industriais clave para Galiza, como as inversións en defensa naval e ciberseguridade, os fondos PERTE ou Alcoa. Sobre esta última, incidiu en que “xa non hai excusas para que non inicie a construción do forno de cocción de ánodos”.
Despois de que este venres se reunise na Delegación do Goberno a comisión de seguimento do acordo para a viabilidade da factoría de San Cibrao, o líder socialista defendeu que, “unha vez que o Goberno lle concedeu o PERTE á empresa, xa non existe ningún impedimento” para poñer en marcha esa actuación.