O BNG pede recuperar as concessões hidráulicas caducadas para reduzir o preço da luz

O porta-voz de Enerxía do BNG, Xosé Manuel Golpe, reconhece que é "uma questão de fé" conhecer quais concessões estão vencidas ou caducadas, já que as fontes se contradizem, pelo que reclama realizar um inventário

O deputado do BNG Xosé Manuel Golpe – BNG –

O BNG proporá no Parlamento recuperar as concessións de explotacións hidráulicas caducadas ou que van vencer nos próximos anos. Aínda que admite que non está claro cando finalizan ou se xa o fixeron boa parte das 166 centrais que hai en Galiza. O portavoz de Enerxía da formación nacionalista, Xosé Manuel Golpe, di que é hora de que “a auga dos ríos se poña ao servizo dos galegos e non do negocio das empresas do oligopolio eléctrico”.

O Bloque propón crear unha empresa pública de enerxía, dependente da Xunta, encargada de xestionar os activos recuperados, de xeito que os beneficios poidan repercutir, por exemplo, en rebaixas da factura da luz. Segundo explicou Golpe, actualmente Galiza conta con uns 3.732 MW de potencia hidráulica instalada, o que representa aproximadamente o 18% da potencia hidráulica do Estado, e unha produción media, con respecto ao Estado, do 23% na última década. Esta potencia instalada procede de 166 centrais, das que 45 son grandes hidráulicas e as outras 121 pequenas.

“A pesar de que esa gran capacidade de produción hidroeléctrica supuxo uns custos sociais e ambientais moi importantes, Galiza non obtivo ningún beneficio desta actividade económica”, sinalou o deputado, reclamando á Xunta que “abandone a súa pasividade” para actuar, tendo en conta que “é de xustiza que a auga dos nosos ríos se converta en riqueza para todas as galegas e galegos”.

A iniciativa do BNG fai referencia aos saltos ou encoros que levan case un século xerando rendemento económico para grandes empresas e que, como é o caso dos situados no Tambre, chegan agora ao fin da concesión que, segundo establece a lei, non pode ter un prazo superior aos 75 anos.

Caducidade variável

Xosé Manuel Golpe subliñou que saber cantas centrais hidroeléctricas hai en Galiza en explotación coa concesión caducada e/ou vencida é “unha cuestión de fe”, pois hai incluso variacións utilizando información da mesma fonte. Por todo iso, a formación inclúe na proposta que leva ao Pleno esta semana a necesidade de realizar un inventario completo de todas as concesións hidroeléctricas que existen en territorio galego no que se inclúa a data exacta de vencemento, empresa titular, potencia instalada e ingresos estimados.

Así mesmo, propón a restauración ambiental ligada ao rescate das centrais, cunha “adaptación á nova realidade hídrica e legal con redución de regulación estrita, medidas de corrección de caudais ecolóxicos, escalas para peixes ou a regulación da auga desembalsada para evitar que afecte á produción dos bancos marisqueiros”.

Histórias como esta, na sua caixa de correio todas as manhãs.

Deixe um comentário

ASSINE A ECONOMIA DIGITAL

Cadastre-se com seu e-mail e receba as melhores informações sobre ECONOMIA DIGITAL totalmente grátis, antes de todo mundo!