O Eixo Atlántico celebra os avances na liña de Alta Velocidade entre Vigo e Oporto

Xoan Vázquez sinala que é “unha excelente noticia” que se anunciase xa a licitación do segundo tramo e que se fixo público o trazado da ponte de 4 quilómetros sobre o río Miño que conectará os dous países

Xoan Vázquez, secretario general del Eixo Atlántico

Xoan Vázquez, secretario general del Eixo Atlántico

Xoán Vázquez, secretario xeral do Eixo Atlántico, celebra que se fixese público o trazado de parte da liña de Alta Velocidade entre Vigo e Oporto. “É unha excelente noticia que corrobora o que vimos afirmando e todas as xestións que vimos facendo, e aínda que é certo que se están producindo uns atrasos que nos preocupan, especialmente na entrega do estudo informativo previo do primeiro tramo, o certo é que ao anunciarse xa a licitación do segundo tramo e ao terse feito público en algún medio de comunicación o trazado da ponte, iso significa que xa as tres partes nas que se divide a liña ata Portugal están desbloqueadas”.

En concreto, Vázquez refírese á ponte de 4 quilómetros sobre o río Miño que conectará os dous países, que será de maior lonxitude de toda a península.

Segundo apunta o secretario xeral do Eixo, “Portugal leva xa tempo preparando todo, ata Braga teñen todo xa perfectamente orientado e están facendo as enxeñarías.” Segundo detalla, iso “significa que tamén entre Braga e Fronteira, e polo tanto desbloqueado todo o proceso”.

Vázquez sostén que agora o que corresponde é “monitorizar que os prazos de execución, tanto dos estudos, as enxeñarías, como cando comece a obra, non se retracen para que sexa horizonte do 2030 a 2032, no que sempre traballamos, é dicir, 2030 máis os dous anos que poidan producirse de decalaxe neste tipo de obras, pois poidan efectivamente ser reais e non máis alá do 2032 poidamos ter unha comunicación entre A Coruña e Lisboa moderna e adecuada”.

O secretario xeral espera que, dentro da parte española, “tamén poidamos dicir que esa comunicación é desde Ferrol, porque o tramo Ferrol-Coruña e Coruña-Lugo son os que van máis atrasados dentro de Galicia”.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta