José Canalejas Couceiro, nomeado decano do Colexio de Economistas da Coruña
Canalejas, que se incorporou á Xunta de Goberno do Colexio en outubro de 2013, substitúe no cargo a Miguel Ángel Vázquez Taín, foi nomeado hai escasos días presidente do Consello Xeral de Economistas de España

José Canalejas Couceiro nuevo decano del Colegio de Economistas de A Coruña / Colegio de Economistas de A Coruña
A Xunta de Goberno do Colexio de Economistas da Coruña, celebrada este luns, designou a José Canalejas Couceiro como novo decano en substitución de Miguel Ángel Vázquez Taín, quen foi nomeado recentemente presidente do Consello de Economistas de España.
Canalejas incorporouse á Xunta de Goberno do Colexio en outubro de 2013, coincidindo co inicio do mandato de Vázquez Taín como decano. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e auditor de contas, José Canalejas é socio director de NW Auditores, vocal do Consello Directivo de EC-Expertos Contables-CGE e corresponsable da área formativa de contabilidade e auditoría do Colexio de Economistas coruñés.
Nas súas primeiras declaracións como decano, Canalejas, tras salientar o labor realizado por Taín ao longo do seu mandato, agradeceu a confianza depositada polos membros da Xunta de Goberno e expresou o seu compromiso co colectivo: “Asumo con orgullo e responsabilidade a labor de representar a todos os economistas coruñeses, coa intención de seguir aportando valor engadido aos colegiados e á sociedade, consolidando o papel do Colexio como garante do compromiso ético e social da nosa profesión”.
Por súa parte, Miguel A. Vázquez Taín quixo despedirse con unha mensaxe de recoñecemento a quen compartiron estes anos de xestión: “Expreso o meu profundo agradecemento a todos os membros da Xunta de Goberno que me acompañaron ao longo destes anos. Márchoo coa satisfacción do deber cumprido e coa tranquilidade de saber que deixo o Colexio nas mellores mans, cun equipo preparado, comprometido e cunha clara vocación de servizo ao colectivo”.
Durante a súa etapa á fronte do Colexio, Taín impulsou unha profunda modernización da institución, destacando a consolidación dunha oferta formativa especializada, o apoio aos mozos profesionais, así como o seu papel chave no proceso de unificación co Colexio de Titulados Mercantiles. Baixo a súa dirección, o Colexio reforzou a súa presenza institucional e a súa visibilidade cunha participación activa na vida económica e social da provincia.