A patronal de Inditex, Primark e H&M: máis de dous anos de negociación para o primeiro convenio
A Asociación Retail Textil España (ARTE), impulsada polas grandes multinacionais do sector, convoca de novo aos sindicatos para reanudar as conversas o 19 de novembro tras meses de parón.
La Asociación Retail Textil España (ARTE) ha nombrado presidenta a Ana López-Casero Beltrán, experta en banca y farmacia
A Asociación Retail Textil España (ARTE) convocou aos sindicatos para retomar a negociación do primeiro convenio colectivo estatal do sector de comercio téxtil e calzado, tras meses de parón. ARTE está impulsada polas grandes multinacionais da moda, con Inditex xogando un papel protagonista na súa creación. Hoxe integra a Mango, Primark, H&M, Bimba y Lola, Uniqlo, Tendam, Pepco, Kiabi ou AWWG, o grupo que comercializa Pepe Jeans London, Tommy Hilfiger ou Calvin Klein.
A patronal, segundo explica nun comunicado, presentará a proposta do sector aprobada por unanimidade hai unhas semanas coa que pretende axilizar a firma do convenio, pois di que garantirá “a estabilidade e equidade” de máis de 100.0000 profesionais do sector, sobre todo mulleres, e de todas as empresas. O acordo, en todo caso, non está sendo sinxelo. A mesa de negociación constituíuse en 2023 e as negociacións arrancaron en setembro dese ano, polo que o proceso superou xa os dous anos.
A subida salarial
Entre os puntos conflitivos está a proposta de subida salarial, onde a patronal mantén a súa do 2%, afastada do 5% que reclamaban os sindicatos. Non desfalece por iso ARTE, que asegura que “segue avanzando” no compromiso adquirido de impulsar un acordo que mellore a situación actual. A vocación da organización, di, é ofrecer seguridade e garantir a maior homoxeneidade posible nas condicións laborais do sector, coas particularidades territoriais establecidas na lei. Unha vez pechado, o convenio cubriría a uns 100.000 traballadores en España.
A mesa de negociación está formada por CCOO, como sindicato maioritario, e por UGT, con presenza de ELA e CIG, que son os maioritarios nos seus territorios, e de Fetico.