O Grupo Lence (Leche Río) pretende duplicar a produción en 2030 e repetir o fito do último lustro

A presidenta da compañía, Carmen Lence, avanza que está prevista un investimento de máis de 20 millóns de euros ata 2027

Carmen Lence

Carmen Lence, consejera delegada de Grupo Lence

A presidenta do Grupo Lence, Carmen Lence, aproveitou a visita realizada esta mañá polo alcalde de Lugo, Miguel Fernández, ás instalacións no polígono de O Ceao para avanzar no plan económico que busca duplicar nos próximos cinco anos a produción, coa previsión dunha inversión de máis de 20 millóns de euros ata 2027. Deste xeito, o conglomerado propietario da leche Río de Galicia busca reproducir o fito acadado no último lustro, no que duplicou a súa produción.

Lence afirma que esta empresa familiar é a única entre as tres principais que recolle leite en Galicia en ter capital 100% galego e tamén se sitúa no ranking das oito principais lácteas que operan en España.

Dobre de facturación no último lustro

Carmen Lence lembrou que a empresa ‘foi capaz’ de dobrar a facturación en cinco anos e que a aposta é ‘seguir crecendo e dobrar de novo ingresos noutros cinco’, co obxectivo de ‘seguir creando riqueza tanto para Lugo como para o entorno rural’.

A presidenta do grupo explicou que ‘para evitar o despoboamento do rural o mellor é ter empresas que fixen o arraigo’ e afirmou que son 350 as ganderías familiares coas que están traballando actualmente, ‘algúns delas levan connosco máis de 40 anos’, engadiu.

Visita do alcalde

Carmen Lence liderou a comitiva que acompañou ao alcalde durante esta visita, a primeira que realiza desde que accedeu ao cargo. O encontro comezou cun percorrido pola planta de produción, na queJesús García, COO de Grupo Lence, foi a persoa encargada de explicar ao alcalde os diferentes procesos que se realizan diariamente, a configuración da planta e como a compañía está a investir en innovar e modernizar a súa operativa e gañar en eficiencia.

Ao finalizar, unha delegación de Grupo Lence mantivo un encontro privado co rexedor para intercambiar impresións sobre a situación do sector, do rural galego e das sinerxias que empresa e Concello poden traballar en favor dos intereses de Lugo e dos lucenses.

Modernización

Por súa parte, o alcalde mostrou a súa satisfacción por coñecer ‘de preto o traballo que se realiza desde unha das empresas punteiras e con maior proxección internacional da provincia’. O rexedor municipal eloxiou ‘o activismo rural deste grupo e a súa aposta decidida pola modernización da industria láctea, demostrando que o sector primario non está renxido coa innovación, a dixitalización e a competitividade’.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta