Alerta por seca en 30 concellos da Coruña e Pontevedra

A Xunta decidiu activar a situación de alerta por escasez de auga nos sistemas do río Lérez, en Pontevedra, e do río Anllóns e Costa da Coruña ata o límite con Arteixo.

A Xunta decidiu activar a situación de alerta por escaseza de auga nos sistemas do río Lérez, en Pontevedra, e do río Anllóns e Costa da Coruña ata o límite con Arteixo, dúas cuncas que xa estaban en prealerta desde hai un mes. Tamén aplicará medidas equivalentes a un escenario de alerta, sen chegar a declarála, no subsistema de Baiona. Ademais, entran en prealerta por escaseza moderada de auga outras catro unidades territoriais da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, concretamente, as UTE do río Tambre e ría de Muros; do río Grande, en Camariñas; do río Mendo e ría de Betanzos, e do río Landro e río Ouro.

A declaración de alerta, acordada este martes pola Oficina Técnica da Seca, tivo en conta o descenso “importante e continuado” que experimentan desde a primavera os caudais circulantes e o volume de auga embalsada nestas tres cuncas. A reunión estivo presidida polo director de Augas de Galicia, Roi Fernández, e nela participaron outros cargos directivos do organismo hidráulico, así como representantes de Protección Civil, de Meteogalicia e das Consellerías de Sanidade e do Medio Rural.

Os municipios en alerta

Os 32 concellos afectados pola alerta son:

Beariz, Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Forcarei, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Sanxenxo, Silleda e Vilaboa, da UTE río Lérez; Arteixo, Cabana de Bergantiños, Carballo, Cerceda, Coristanco, Culleredo, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Tordoia e Zas, do río Anllóns; e Baiona.

A situación de prealerta implica un seguimento intensivo da situación meteorolóxica e dos niveis de ríos e encoros nos sistemas afectados de Galicia-Costa, así como das posibles incidencias que se detecten. De feito, neste escenario os concellos teñen o deber de comunicar a Augas de Galicia os seus datos diarios de caudais de consumo.

Os concellos en prealerta son:

Abegondo, Ames, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Brión, Carnota, Carral, Curtis, Frades, Lousame, Mazaricos, Melide, Mesía, Muros, Negreira, Noia, Ordes, Oroso, Outes, Oza-Cesuras, O Pino, A Pobra do Caramiñal, O Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Sobrado, Toques, Trazo, Val do Dubra e Vilasantar, da UTE río Tambre e ría de Muros; Camariñas, Laxe, Muxía e Vimianzo, da UTE río Grande; Aranga, Bergondo, Betanzos, Coirós, Irixoa, Miño, Monfero, Oleiros, Paderne, Sada, Vilarmaior, Friol e Guitiriz, do río Mendo e ría de Betanzos; e Alfoz, Foz, Muras, Ourol, O Valadouro e Viveiro, da cunca do río Landro e río Ouro.

Limitacións en Pontevedra

Neste contexto, o Concello de Pontevedra celebrou unha xunta de goberno extraordinaria este martes para poder facer seguimento e adoptar as medidas correspondentes con esta nova situación. Así, comunicou a prohibición do uso de auga apta para consumo humano para encher piscinas particulares, regar xardíns, limpar coches, entre outros. Ademais da redución dos consumos municipais como baldeos nas rúas –agás por motivos de salubridade–, rega de xardíns, fontes ornamentais e outros.

Finalmente, a tenente de alcalde, Eva Vilaverde, instou ás empresas e industrias a minimizar o consumo e a facer un uso razoable do abastecemento municipal, tendo en conta que o uso prioritario é o abastecemento da poboación. Así mesmo, referiuse á posta en marcha das medidas sancionadoras correspondentes previstas na normativa aplicable.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp