Falece un bombeiro galego nos incendios de León
Orixe de Ourense, levaba 30 anos vivindo en Soria e participaba nas tarefas de extinción do incendio forestal na localidade leonesa de Llamas de Cabrera.

Medios de’INFOAR’ en las labores de extinción del incendio forestal de Barniedo de la Reina (León) – INFOAR
O bombeiro forestal falecido en Espinoso de Compludo (León) é un varón de 57 anos, natural de Ourense e residente en Soria desde hai máis de 30 anos. A Junta castelá informa de que era un integrante do Operativo INFOCAL que participaba nas labores de extinción do incendio forestal declarado na localidade leonesa de Llamas de Cabrera. Traballador da Junta de Castilla y León como oficial de montes-condutor maquinista de autobomba, era condutor da autobomba ubicada en Bayubas de Abajo (Soria) desde xullo de 2010.
O falecido formaba parte do convoi que partiu de Soria na tarde do pasado sábado, con un total de 22 traballadores forestais, cara ao lugar do incendio, integrándose no Operativo INFOCAL. Este luns estáse organizando o regreso do citado convoi, que se producirá ao longo do día.
A Delegación Territorial desexa trasladar as súas condolencias á familia, amigos e compañeiros do traballador falecido do Servizo Territorial de Medio Ambiente de Soria.