González Laxe, recoñecido coa máxima distinción do Consello Xeral de Economistas de España

O expresidente da Xunta, catedrático emérito de Economía Aplicada, recibirá a Gran Cruz ao Mérito no Servizo da Economía, que distingue “unha traxectoria exemplar de servizo á economía, ás institucións e á sociedade”.

Fernando González Laxe

Fernando González Laxe

O Consello Xeral de Economistas de España acordou conceder a Gran Cruz ao Mérito no Servizo da Economía a Fernando González Laxe, a máis alta condecoración que outorga a Organización Colexial dos Economistas. A candidatura, presentada polo Colexio de Economistas da Coruña, foi aprobada por unanimidade pola Comisión Permanente, a proposta da Comisión de Honras e Distincións, e posteriormente ratificada, tamén por unanimidade, polo Pleno do Consello Xeral.

Con esta distinción, a profesión económica recoñece a extensa e brillante traxectoria de González Laxe, economista, catedrático emérito de Economía Aplicada, “cuxa labor deixou unha profunda pegada nos ámbitos académico, institucional e económico”, di a organización nunha nota. Expresidente da Xunta de Galicia e expresidente de Portos do Estado, “o seu compromiso co análise económico, a modernización das institucións e o desenvolvemento territorial convertérono nunha das figuras de referencia da economía española e, moi especialmente, da economía galega”, continúa.

A Gran Cruz ao Mérito no Servizo da Economía distingue anualmente aquelas persoas e institucións que, pola súa traxectoria, dedicación e contribución ao progreso económico e social, prestaron servizos de especial relevancia á economía e á sociedade. Concedese a economistas e a outras personalidades ou entidades, españolas ou estranxeiras, que destacasen de forma sobresaliente pola súa achega ao desenvolvemento económico, institucional e social.

Compromiso

Criada como o máximo recoñecemento da organización colexial de economistas, esta distinción recaeu en edicións anteriores en destacadas personalidades do ámbito económico e institucional español, entre elas Enrique Fuentes Quintana, José Luis Sampedro, Antón Costas, Cristina Herrero ou Josep Piqué, “configurando un selecto elenco de galardoados que contribuíron de maneira decisiva ao avance do pensamento económico e ao fortalecemento das institucións”.

“Desde o Colexio de Economistas da Coruña, impulsor desta candidatura, queremos expresar a satisfacción e o orgullo que supón que este merecido recoñecemento recaia nunha personalidade tan estreitamente vinculada á nosa terra e á profesión económica”, di a organización na nota. A súa traxectoria constitúe “un exemplo de excelencia, rigor intelectual e vocación de servizo público, valores que inspiran e prestixian a toda a comunidade de economistas”.

O acto institucional de entrega da Gran Cruz ao Mérito no Servizo da Economía terá lugar o próximo 1 de outubro no Gran Casino de Madrid, no marco dunha cerimonia organizada polo Consello Xeral de Economistas de España.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp