O salto de Hierros Añón: disparou vendas un 70% e multiplicou por oito os beneficios no ano da súa expansión europea.
O grupo en mans do empresario larachés Manuel Añón rexistrou uns beneficios de 122 millóns de euros en 2024 e unha cifra de negocio de 1.104 millóns de euros tras a integración do negocio de Klöckner en Francia, Reino Unido, Holanda e Bélxica.