Navantia acelera investimentos para o megacontrato do Reino Unido e ficha a un ex-directivo de Babcock
Os estaleiros públicos investirán case 10 millóns nunha barcasa para transportar bloques de barcos entre as instalacións de Appledore e Belfast que adquiriu coa integración de Harland & Wolff, a empresa quebrada que ensamblou o Titanic.