O negocio da auga da Coruña: Emalcsa multiplica por oito os beneficios e inviste outros catro millóns en fondos

A Empresa Municipal de Augas da Coruña gañou 5,5 millóns de euros en 2025 e supera os 20 millóns de euros en investimentos en fondos de investimento de baixa volatilidade.

Emalcsa

Imaxe da sede de Emalcsa na Coruña

Emalcsa pecha un 2025 de récord. A Empresa Municipal de Augas da Coruña despediu o pasado exercicio cos maiores beneficios da súa historia. Estes elevaronse desde os 704.630 euros acadados en 2024 ata os 5,46 millóns, o que supón un salto do 675% nun ano no que a súa facturación rexistrou un aumento máis tímido.

E é que Emalcsa estirou a súa cifra de negocio un 3,1%, ao pasar de 33,03 a 34,07 millóns de euros e aproveitou a mellora en dúas das súas principais partidas de gasto. Trátase dos aprovisionamentos, que retrocederon un 9,9%, ata situarse nos 13 millóns de euros, e a reversión de deterioros, que inxectou 1,08 millóns de euros na conta de resultados tras as provisións por valor de 2,08 millóns de euros rexistradas en 2024.

Estes dous factores permitiron que Emalcsa disparase a súa rentabilidade a pesar de que a súa facturación rexistrou un ascenso moito máis moderado (do 3,1%). A compañía que capitanea Jaime Castiñeira tamén logrou 270.000 euros adicionais pola vía dos seus resultados financeiros.

Os ingresos financeiros de 590.000 euros obtidos mediante as súas inversións superaron os gastos por este concepto (320.000 euros). A firma construíu un portfolio de inversións cos beneficios acadados nos últimos anos e xa dispón de 20,05 millóns de euros “en diversos fondos de investimento de alta liquidez e baixas volatilidades”, segundo indica na súa memoria anual.

Os números de Emalcsa

Trátase dunha partida que representa algo máis da metade dos 35,28 millóns de euros que contabiliza no seu activo corrente (a curto prazo). A estas cantidades súmanse outros 77,8 millóns en activos non correntes (terrenos, construcións ou inmobilizado intangible), que fan un activo total de 113,12 millóns de euros.

O patrimonio neto, pola súa banda, repuntou de 87,02 a 89,83 millóns de euros no último ano grazas ao novo acelerón que Emalcsa protagonizou en materia de beneficios.

Emalcsa, que conta cunha rede de distribución de 574 quilómetros de extensión e 123 traballadores en plantilla, ten o seu negocio de abastecemento de auga como principal piares da súa conta de resultados (elevou a súa achega de 23,43 a 24,68 millóns de euros), unhas cantidades que complementa cos 8,16 millóns que rexistrou o ano pasado polos seus servizos de depuración.

A empresa propiedade do Concello da Coruña culminou con estas cifras un 2025 no que mantivo o seu convenio con Naturgy e Inditex “co obxectivo de fomentar a comercialización do biometano inxectado na rede comercial de gas natural“. “Este convenio representa un paso significativo no desenvolvemento de iniciativas sostibles, xa que o biometano é un combustible renovable producido a partir da valorización de residuos orgánicos retirados durante o proceso de depuración de augas residuais, o que contribúe a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e a impulsar unha transición enerxética máis limpa e eficiente. Durante o exercicio 2025 traballouse en distintos estudos para desenvolver e/ou ampliar os proxectos activos”, destaca a firma.

Na súa lista de principais actuacións efectuadas neste 2025 destacan tamén as inversións no seu “sistema de abastecemento, en tecnoloxía coa adxudicación do concurso de xemelgo dixital e a continuidade en funcionamento do sistema Vío para subministrar auga a ArteixoMorás, así como a finais do exercicio a execución de obras na ETAP da Telva e na impulsión do sistema Bergondo“.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp