O negocio máis discreto de Sandra Ortega, Viveros Borrazás, factura por primeira vez máis dun millón de euros

A compañía, que desenvolve a súa actividade nunhas instalacións de máis de 26.000 metros cadrados en Gandeiro (Bergondo), pechou 2025 cunha cifra de negocios de 1,14 millóns, un 25% por enriba dos acadados un ano antes.

Sandra Ortega

Imaxe de arquivo de Sandra Ortega / EFE (Cabalar)

Viveros Borrazás, unha das empresas máis descoñecidas vinculadas a Sandra Ortega, superou por primeira vez o millón de euros de facturación. A compañía está especializada na produción e comercialización de plantas ornamentais e outros produtos de xardinería. 

Segundo figura na memoria anual da empresa, consultada por Economía Digital a través da plataforma Insight View, pechou 2025 con uns ingresos de 1,14 millóns, un 25% por encima dos 910.000 que alcanzou o ano anterior. 

A compañía da filla de Amancio Ortega e Rosalía Mera, está domiciliada na Praza de María Pita na Coruña aínda que desenvolve a súa actividade en Gandeiro, no concello de Bergondo. O pasado exercicio o seu beneficio ascendeu a uns 77.000 euros, máis do triplo dos 21.000 do 2024. 

Os activos de Viveros Borrazás aumentaron aos 1,06 millóns, 111.000 máis que o ano anterior, mentres que o patrimonio neto pasou dos 843.000 euros aos 919.000. 

Nos seus máis de 26.600 metros cadrados en Bergondo, a compañía conta con máis dun cento de referencias de árbores, arbustos e plantas, con «exemplares únicos que nos converten nun referente no sector». 

Desde outubro de 2024 a filla do fundador de Inditex figura como socia única desta sociedade da que vén sendo administradora desde o falecemento de Rosalía Mera.

Outros negocios descoñecidos de Sandra Ortega

Aínda que o seu patrimonio está estreitamente ligado a Inditex, da que é segunda accionista con arredor do 5% do capital, a muller máis rica de España construíu arredor desta participación un ecosistema empresarial moito máis amplo e heteroxéneo. A través de Rosp Corunna canaliza investimentos inmobiliarios e participacións noutras compañías, pero a súa actividade tamén se estende a negocios de menor dimensión e moito menos coñecidos.

Á Viveros Borrazás súmase Trébore Xardinería, unha compañía que se presenta como «colaboradora» e que presta servizos de mantemento e conservación de xardíns. Impulsada pola Fundación Paideia, a sociedade está recoñecida pola Xunta de Galicia como Centro Especial de Emprego e ten entre os seus fins a capacitación profesional e a integración laboral de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

Outro dos negocios vinculados ao entorno de Paideia Galiza, a obra social que iniciou a súa nai en 1986, é Inusual Comunicación Innovadora, firma especializada en solucións tecnolóxicas a medida. “Para nós, a tecnoloxía non é só un avance, é a nosa forma única de crear. Caracterizámonos pola nosa honestidade, atención meticulosa aos detalles e enfoque personalizado. Iso é o que define o valor da nosa marca. Desexamos que tanto os nosos clientes actuais como os potenciais sintan que nos esforzamos por ser innovadores, eficientes, sostibles e accesibles. Contamos con máis de 20 anos de experiencia na realización de proxectos a medida en marketing dixital, implementación de tecnoloxía LED e solucións de dispositivos electrónicos”, explican na súa páxina web.

Ás elas súmase Sementares, na que conta como socia con Teresa Táboas, doutora en Arquitectura e conselleira de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia durante o bipartito de Emilio Pérez Touriño e Anxo Quintana, entre os anos 2005 e 2009. O obxecto social da empresa é a “conservación, selección, clonación e multiplicación de plantas e sementes”, así como a “a intermediación na comercialización de produtos alimenticios e alimentarios; a prestación de servizos de asesoramento técnico agrícola no sector primario e na industria agroalimentaria; a prestación de servizos de publicidade e promoción de vendas no sector primario e na industria”. 

En 2024, último exercicio dispoñible, Sementares pechou o exercicio cunha facturación por encima dos 310.000 euros, máis do dobre que o exercicio anterior. A pesar do incremento das vendas, a compañía anotou números vermellos de 45.500 euros, fronte aos beneficios de máis de 35.000 euros do exercicio anterior.  Os activos rondaban os 30.000 euros mentres que o patrimonio neto superou os 284.000 euros.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp