Rueda reivindica a «excelencia» de Galicia coa automoción antes da súa reunión con directivos de SAIC

O presidente da Xunta reunirse este mércores con responsables da empresa chinesa para allanar a súa inversión en Galicia e "converter Ferrolterra nun lugar importantísimo de produción dunha empresa líder".

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, junto a un vehículo de MG como los que se montarán en Galicia dentro del proyecto del grupo SAIC en Ferrol y As Pontes

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, xunto a un vehículo de MG como os que se montarán en Galicia dentro do proxecto do grupo SAIC en Ferrol e As Pontes. Foto: Xunta

Nova reunión de seguimento entre Alfonso Rueda e os directivos de SAIC Motor para monitorizar os avances no seu proxecto estrela en Ferrol. O presidente da Xunta celebrará un encontro este mércores con responsables da empresa chinesa, que se atopan en Galicia para asistir ao acto institucional previsto este xoves con motivo da chegada ao porto exterior de Ferrol do buque que transporta os primeiros vehículos da multinacional chinesa á Comunidade.

“Por fin vemos os feitos polos que levamos traballando moito tempo”, celebrou Rueda en declaracións aos medios na localidade ourensá de Piñor. Segundo Rueda, esta reunión servirá para “seguir falando cara a cara” sobre os detalles da súa chegada a Galicia, así como dos “trámites para cumprir os prazos, moi esixentes”.

Nesta liña, destacou que con esta primeira chegada de vehículos ao porto ferrolán dáse “o disparo de saída” da “aposta de SAIC por Galicia”. Ademais, aproveitou para agradecer a implicación de todos os que traballan para que “sexan unha realidade” e as fases avancen para “converter a Ferrolterra nun lugar importantísimo de produción dunha empresa líder”.

Ademais, Rueda reivindicou que SAIC escolleu Galicia “pola estabilidade” institucional, ademais de pola “axuda do Goberno central nesta materia” e pola “excelencia na produción automobilística que sempre houbo en Galicia con empresas punteiras”.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp