Tona Martínez, de Finsa, primeira muller en presidir a patronal galega da empresa familiar

A actual secretaria do consello de administración de Fincorporativa, matriz de Finsa, tamén conselleira do grupo madeireiro, releva no cargo a José Silveira e é a primeira muller en ocupar a presidencia da Asociación Galega da Empresa Familiar.

Tona Martínez (cuarta por la izquierda) es la primera mujer en presidir la Asociación Gallega de la Empresa Familiar / AGEF

Tona Martínez (quarta pola esquerda) é a primeira muller en presidir a Asociación Galega da Empresa Familiar / AGEF

Relevo de altura na patronal galega da empresa familiar. Tona Martínez foi elixida este luns nova presidenta da Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF), no transcurso da XXVI asemblea xeral de socios. Martínez, vinculada á propiedade da madeireira Finsa, convértese así na primeira muller en ocupar a presidencia de AGEF e toma o relevo de José Bernardo Silveira, que permaneceu tres anos no cargo.

Licenciada en Dereito, máster en dereito da Unión Europea e especialista en dereito tributario con ampla experiencia en asesoramento a empresas familiares, Tona Martínez é na actualidade secretaria do consello de administración de Fincorporativa, a matriz do grupo madeireiro compostelán, e conselleira de Finsa, compañía familiar que desenvolve desde hai máis de noventa anos as súas actividades no sector da transformación industrial da madeira.

Valentía e risco

Tona Martínez agradeceu á xunta directiva e a todos os socios o apoio á súa candidatura, destacando “a historia de valentía, risco, dificultade, esforzo e dedicación que hai detrás do éxito de cada empresa familiar e que moitas veces, se esquece, e custanos transmitir á sociedade. Nós e as institucións públicas debemos fomentar o emprendemento entre os mozos e entre as mulleres que, tradicionalmente, emprendemos menos, polas circunstancias sociais”.

A nova presidenta de AGEF destacou a importancia do legado e o labor daqueles primeiros emprendedores, “que detectaron unha necesidade na sociedade e dedicaron todo o seu esforzo a facelo posible, arriscando o seu patrimonio”. Lembrou ademais o papel das novas xeracións que os sucederon para “evolucionar e mellorar os proxectos familiares” e subliñou o apoio dos “cónxuxes, tradicionalmente, as nosas nais, avoas, bisavoas, sen cuxa labor, tan pouco recoñecida, non existiría a empresa familiar. Porque elas foron e son a outra metade indispensable”.

Confianza

Durante o seu discurso, Tona Martínez fixo fincapé na importancia e relevancia das empresas familiares na sociedade e na economía galega, que representan máis do 90% do tecido produtivo e xeran máis do 80% do emprego privado na comunidade. Recalcou, ademais, a necesidade de conseguir “un entorno de confianza e estabilidade no que se tomen medidas valentes, con visión de futuro, no mundo tan complexo e variable no que vivimos. As empresas familiares son esenciais nesta Comunidade e xeran riqueza que redunda en beneficio de todos.”

Arroupada por Rueda e Escotet

Tras as palabras de Tona Martínez, Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente de Abanca, sinalou que “non é posible predicir que pasará mañá, pero si sabemos que as empresas familiares seguiremos traballando día tras día con seriedade e ilusión para forxar o noso futuro, como sempre fixemos”.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, pechou o acto de clausura, felicitando ao presidente saínte polo seu labor e á nova presidenta pola toma de posesión do cargo. No seu discurso cualificou a AGEF como unha asociación fundamental, polo que representa en Galicia “a gran parte do PIB” e fixo alusión á necesidade de reter e retornar talento e á atracción de novas inversións na comunidade autónoma.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp