Veolia e Plexux avanzan no ‘Perte da Auga’, que modernizará e dixitalizará a rede en Ourense.

Cun orzamento de 4,5 millóns, o proxecto permitirá mellorar a eficiencia da rede de abastecemento, reforzar o control de calidade da auga e avanzar na dixitalización integral do servizo.

Instalación fotovoltaica en la EDAR de Reza

Instalación fotovoltaica na EDAR de Reza

Veolia e Plexus iniciaron a execución do Perte de Dixitalización do Ciclo Integral da Auga, unha iniciativa estratéxica do Concello de Ourense que permitirá modernizar en profundidade a xestión do servizo. Unha das primeiras actuacións do proxecto está sendo a substitución de contadores por equipos de telelectura, traballos que xa se atopan actualmente en marcha en distintos puntos da cidade e que supoñen o punto de partida dunha transformación integral do sistema.

O proxecto, denominado Ourense termal verde e dixital, foi presentado polo Concello de Ourense á segunda convocatoria do Perte de dixitalización da auga do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), obtendo financiamento no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. A iniciativa conta cun orçamento estimado de 4,5 millóns de euros.

As actuacións están lideradas pola UTE formada por Veolia, como entidade responsable da xestión do ciclo integral da auga, e por Plexus, como socio tecnolóxico, encargado do deseño e implantación das solucións dixitais do proxecto, incluíndo plataformas intelixentes, análise avanzado de datos e sistemas de ciberseguridade, conforme aos estándares vixentes.

A dixitalización

O proxecto permitirá avanzar cara a unha xestión intelixente e integrada de todo o ciclo da auga en Ourense. Entre as actuacións previstas inclúese a implantación de sistemas de telelectura, coa substitución de máis de 6.500 contadores, especialmente nas zonas máis afastadas do extrarradio, o que posibilitará un control continuo do consumo e unha detección máis rápida de incidencias e fugas.

A rede municipal de abastecemento será completamente sectorizada, dividíndose en 40 sectores independentes, con control continuo dos estándares de calidade da auga así como de caudais e presións. Esta actuación permitirá reducir perdas, mellorar a eficiencia operativa e optimizar o mantemento da infraestrutura, segundo asegura o Concello.

Na área do saneamento, o proxecto contempla a dixitalización integral dos tanques de tormenta, puntos de vertido, estacións de bombeo así como nas 7 depuradoras (EDAR). Tamén contempla a implantación de modelos matemáticos avanzados tanto para o abastecemento como para o saneamento. Estes modelos integraranse nun centro de control ubicado na EDAR de Reza, desde onde se poderá supervisar o funcionamento do sistema en tempo real e analizar a súa evolución futura.

Enerxía renovable

O plan inclúe tamén actuacións orientadas á eficiencia enerxética e a sostibilidade ambiental, como a instalación dunha planta fotovoltaica na EDAR de Reza (da que xa se executou un 33% da mesma), combinada coa dixitalización dos procesos e o control continuo da calidade da auga. Ademais, despregarase unha rede de estacións meteorolóxicas que permitirá integrar información climática en tempo real, anticipar situacións de seca ou inundacións e adaptar a xestión da auga aos retos do cambio climático, en coherencia co Plan de Cidade Verde.

O proxecto contempla igualmente a producción de auga rexenerada, que poderá utilizarse para servizos municipais como baldeos e rego de zonas verdes, co obxectivo de minimizar consumos e avanzar cara a un modelo máis eficiente e responsable.

Participación cidadá

Un dos piares fundamentais das actuacións será a posta en marcha dunha plataforma dixital de acceso cidadán, que ofrecerá información pública en tempo real sobre o estado da rede de abastecemento e saneamento. A cidadanía poderá consultar datos actualizados e comunicarse co servizo municipal a través dos canais existentes, incluso aportando información gráfica, reforzando así a transparencia e a participación.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp