Atlas Urbano: Ourense, unha integración supramunicipal

A 'Cidade das Termas' conta cunha configuración urbana máis próxima ao modelo metropolitano posto que se expande, tanto física como funcionalmente, a concellos colindantes

Plaza mayor de Ourense

Plaza mayor de Ourense. Concello de Ourense

Ourense, unha das dúas capitais provinciais do interior, presenta unha configuración urbana máis próxima ao modelo metropolitano xa que non se limita ao termo municipal senón que se expande en forma de continuidade física e funcional ata os municipios colindantes de Barbadás e San Cibrao das Viñas.

Así se detalla na análise realizada na terceira edición do Atlas Urbano da Sustentabilidade en Galicia, proxecto editado por Economía Digital, no que se realiza unha comparativa entre as sete cidades galegas e a súa área de influencia. Nesa comparativa a Cidade das Burgas sitúase na sexta posición con unha valoración de 31,08 puntos sobre 100, só por diante de Ferrol.

Do grupo de indicadores analizados no Atlas o de demografía e poboación é o que mostra un mellor comportamento cunha cualificación de “correcto”. A área urbana de Ourense mantén as tendencias dos concellos do interior da comunidade, marcada por un estancamento e envellecemento poboacional significativo e unha lixeira perda de peso relativo no sistema urbano galego. Por outro lado, a atracción da poboación xove cara os municipios limítrofes, como Barbadás, “responde a lóxicas comerciais”.

A idade media en Ourense, de 47,3 anos, é das máis altas do sistema urbano galego. O porcentaxe de maiores de 65 anos é do 26,5%. A iso habería que engadir que ten un porcentaxe de residentes foráneos do 8%, por encima da media da comunidade.

Vivenda, sustentabilidade ambiental e crecemento económico

Respecto á vivenda, o mercado ourensán caracterízase por unha “elevada presenza de segundas residencias e vivenda baleira, un parque inmobiliario antigo e prezos moderados en comparación con outras zonas urbanas galegas”. A iso habería que engadir que os concellos de Barbadás e San Cibrao funcionan como áreas complementarias con prezos máis baixos.

O porcentaxe de vivendas en Ourense e a súa área de influencia é “notablemente alto”. En concreto, na capital provincial ascende ao 33%, ao 35% en Barbadás e ata o 42% en San Cibrao.

En canto a sustentabilidade ambiental, a calidade do aire en Ourense é xeralmente aceptable, aínda que presenta certas presións polo tráfico motorizado e as emisións difusas de dióxido de carbono (de 118,3 kilotoneladas equivalentes) considerablemente por encima das rexistradas en Barbadás (20,7) e San Cibrao (39,8).

Segundo explica o Atlas a economía desta área “combina un forte sector terciario (administración, comercio, educación e sanidade) cun potente polo industrial concentrado principalmente no polígono San Cibrao das Viñas con empresas de carácter exportador”. O grao de industrialización deste concello é do 13,5%, case o dobre da media galega e por riba do resto de municipios da área (Ourense 4,3% e Barbadás 6%).

Mobilidade, turismo e innovación

Tres son os indicadores dos analizados no Atlas nos que Ourense e a súa área de influencia non consegue aprobar. O primeiro deles é o de mobilidade e transporte debido á súa alta taxa de motorización, especialmente nos concellos periurbanos, algo que suxire unha significativa dependencia do vehículo privado. Así, por exemplo, San Cibrao das Viñas conta cunha taxa de 83,2 coches por cada 100 habitantes, unha das máis altas da área urbana galega.

O segundo dos indicadores nos que obtén unha cualificación de insuficiente é o de turismo, que presenta un carácter moito máis moderado que no resto de urbes galegas, centrado, principalmente, no visitante nacional e rexional con estancias curtas. De feito, a estancia hotelera media é de 1,8 días debido, principalmente, ao turismo interno.

Tamén suspende en innovación e tecnoloxía. “Aínda que o volume de empresas é reducido, Ourense concentra a maioría da actividade tecnolóxica da área, que presenta un número destacable de empresas de alto crecemento e rendemento, suxerindo un potencial de escala”. En concreto, en 2024, rexistraba catro empresas tecnolóxicas, a metade startups, que xeraba 40 postos de emprego no sector.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta