Rueda releva a tres altos cargos de Medio Rural tras a onda de incendios.

Deixan a Consellería que dirixe María José Gómez o secretario xeral, o director de Planificación Forestal e o director xeral de Defensa do Monte, que tiña entre as súas competencias a loita contra o lume.

El presidente de la Xunta

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda

Volco na Consellería de Medio Rural despois de que este verán Galicia sufrise a peor onda de incendios do século. Alfonso Rueda decretou o cese de tres altos cargos do departamento que dirixe María José Gómez nunha batería de cambios que afectou especialmente a esta Consellería, pero que se estendeu tamén á Amtega, á dirección xeral de Pesca e á secretaría xeral para o Deporte, dependente do gabinete de Diego Calvo.

En Medio Rural, que recibiu fortes críticas da oposición durante a vaga de incendios do verán, cesan Jorge Atán, secretario xeral técnico, quen será substituído por Marta Forés Lojo. Manuel Rodríguez, ata agora director xeral da Defensa do Monte, “un posto especialmente complicado especialmente nestes últimos meses”, en palabras do propio Rueda, tamén cesa. Substitúeo Manuel Francisco Gutiérrez. José Luis Chan, o que era responsable de Planificación e Ordenación Forestal, deixa o seu cargo en mans de Luisa Piñeiro, a que fora alcaldesa de Moraña e delegada territorial da Xunta en Pontevedra, e quen desde 2023 exercía como xerente de Seaga.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp