A Xunta destina 40 millóns a financiar alianzas en proxectos de innovación en defensa e seguridade.

Lorenza sinala en Nigrán que se trata dunha iniciativa que promove acordos de asociación, cuxa convocatoria aínda está aberta ata finais de setembro e que constitúe unha das principais medidas da Iniciativa Estratéxica de Seguridade, Defensa e Aeroespazo.

Visita de la conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, a las instalaciones de nstalaciones de la empresa Vig-Sec Drone, en Nigrán

Visita da conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, ás instalacións da empresa Vig-Sec Drone, en Nigrán – Xunta

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou este mércores que, a través dos acordos de asociación, cuxa convocatoria aínda está aberta ata o 30 de setembro, a Xunta destina unha inversión pública de 40 millóns de euros para promover o desenvolvemento e a fabricación en Galicia de produtos e servizos nos sectores da defensa, a seguridade e o aeroespazo.

Nunha visita ás instalacións da empresa Vig-Sec Drone, en Nigrán, Lorenzana explicou que se trata dunha das principais medidas que o Goberno galego está a desenvolver no marco da Iniciativa Estratéxica de Seguridade, Defensa e Aeroespazo (Iesda) a partir da fórmula da compra pública precomercial, coa que se van financiar proxectos en fases de innovación moi avanzadas, dixo.

Tecnoloxías duales

Con unha mobilización prevista de 900 millóns de euros, o obxectivo desta estratexia, apuntou, é potenciar o crecemento das empresas que xa operan nestes sectores e facilitar a incorporación daquelas outras que xa están a traballar en tecnoloxías duales; é dicir, que poden ter aplicacións tanto de uso civil como para defensa e seguridade. Neste contexto, Lorenzana puxo en valor o traballo que desenvolve Vig-Sec Drone, especializada en servizos aeronáuticos, formación e desenvolvemento de software de xestión do espazo aéreo.

Unha empresa que, lembrou, participou en aceleradoras como ViaGalicia, a BFAero e, tamén, na Aceleradora de Innovación en Defensa da OTAN.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp