Os sindicatos mantén a folga ferroviaria: Galicia contará cun 65% de servizos mínimos en media distancia.

Renfe amplía este viernes la suspensión de trenes a la ruta entre Ourense, O Carballiño y Santiago y la mantiene en Vigo

Andén baleiro durante o segundo día consecutivo sen operativa na Estación de Tren de Vigo de Vialia, a 6 de febreiro de 2026, en Vigo. Adrián Irago / Europa Press 06/2/2026

A folga do sector ferroviario mantense despois de que os sindicatos e o Ministerio de Transportes non chegaran a un acordo. Tras a última das tres reunións celebradas esta última semana cos sindicatos convocantes CCOO, UGT e o Sindicato de Maquinistas (SEMAF), o ministerio de Óscar Puente non os volveu convocar para continuar coas negociacións. Está previsto que os paros se estendan desde a madrugada deste domingo ata o próximo mércores, 11 de febreiro.

Desde o SEMAF reclaman “un cambio estrutural na seguridade” despois dos recentes accidentes de Adamuz (Córdoba) e Gélida (Cataluña), algo que implicaría a revisión de “moitos aspectos técnicos”. Tamén reclaman máis investimentos e que non se externalicen os traballos en empresas privadas. Ademais de CCOO e UGT, outros sindicatos que non están nas negociacións como CGT, Sindicato Ferroviario (SF), Sindicato de Circulación ferroviaria (SCF) e Alferro, tamén se sumaron á convocatoria de mobilizacións para eses días.

Servizos mínimos en Galicia

Renfe manterá o 65% dos trens de media distancia (MD) e o 73% da alta velocidade (AV), segundo recolle o decreto asinado polo Ministerio de Transportes, consultable desde a web do operador público.

Esta redución das frecuencias prodúcese despois de que, desde o xoves e durante as seguintes 72 horas, estivesen suspendidas todas as frecuencias con orixe ou destino Vigo, que se foron recuperando progresivamente desde a noite do sábado. Ao mediodía do domingo, case todos os servizos foron restablecidos.

Na media distancia de Renfe, operarán 683 convois menos, en aplicación dos servizos mínimos decretados do 65% (operarán 1.277 de 1.960); en Mercadorías, só o 21% estarán en funcionamento.

Por agora, dos 350 trens suprimidos na alta velocidade, 272 pertencen a Renfe, que operará 723 trens dos 995 que tiña programados nestes tres días. Iryo cancelará 48 servizos, polo que operará 136 dos 184 programados, mentres que de Ouigo non circularán 30 trens, ao operar 80 dos 110 programados.

Servizos por liñas

No caso de Galicia, na liña A Coruña-Ourense, este luns circularán os trens das 05.50 horas, 07.05, 08.12, 11.25, 13.35, 15.10, 17.15 e 21.00. No sentido contrario, funcionarán os das 06.40, 07.50, 09.55, 12.40, 14.25, 15.30, 16.40, 19.00 e 19.50.

Na conexión Vigo Urzaiz-A Coruña sairán trens ás 05.08, 06.34, 08.00, 10.35, 13.40, 14.30, 16.30, 17.40, 18.15, 19.35 e 21.50. Na outra dirección, operarán convois ás 07.00, 08.00, 09.00, 11.06, 12.00, 14.05, 15.00, 17.00, 18.00 e 21.40.

Mentres, na liña rexional Vigo Guixar-A Coruña, funcionarán os trens con saída ás 09.15, 12.31, 15.00 e 20.28. Á inversa, circularán ferrocarrís ás 05.30, 09.39, 12.45, 15.39 e 19.08.

O resto dos servizos mínimos decretados para Galicia e resto de Comunidades Autónomas poden consultarse desde a web de Renfe, onde está dispoñible o decreto do Ministerio de Transportes que os regula.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp