Amancio López crea a promotora Belesar Properties, con base de operacións en Chantada

O dono de Hotusa constitúe unha nova filial e pona baixo a órbita de Tandem Apartaments, que pertence ao grupo e se adica a hoteis e suites urbanas de luxo

El presidente de Hotusa, Amancio López, hace balance de cómo ha cerrado 2022 este grupo hotelero y comparte las previsiones económicas de cara a 2023

El presidente de Hotusa, Amancio López, en una foto de archivo. EFE/ Enric Fontcuberta

O corazón de Chantada e O Saviñao inspira e dá nome ao novo proxecto do lucense afincado en Barcelona Amancio López. O empresario, dono de Hotusa e da cadea Eurostars, acaba de crear Belesar Properties, unha sociedade limitada da que o chantadino é administrador único. O dono de Hotusa constitúe a promotora cun capital de 10.000 euros e ponlla baixo a órbita de Tandem Apartaments, filial que pertence ao grupo e está dedicada a un novo concepto de hoteis e suites urbanas de luxo.

Belesar Properties ten como administrador a Amancio López e como socio único a Tandem Apartaments, creada en 2016, con domicilio social en Barcelona e que cada ano foi ampliando a súa actividade e dimensións, ata contar cun capital social de 1,4 millóns de euros, segundo datos do Rexistro Mercantil.

O proxecto de Belesar Properties

Belesar Properties comenzou a súa actividade o pasado mes de xuño, e ten por obxecto a compravenda, construción e explotación en calquera forma de toda clase de terreos e inmobles. Tamén será obxecto da sociedade a promoción e explotación de calquera actividade de hostelería ou restauración, así como a explotación de locais comerciais e de oficina. Belesar está domiciliada precisamente en Chantada, onde o Grupo Hotusa consolida o seu proxecto de formación con 250 empregados e futuros directivos.

Tandem é unha das marcas baixo as que opera Eurostars, e irmá de outras cadeas como Aurea, Exe, Ikonik ou Crisol. En concreto, Tanden Suites & Premium Apartaments é un concepto que combina o urbano e o luxo. “Suites e apartamentos premium ubicados no corazón das cidades que te permitirán descubrir cada destino da forma máis intensa e inmersiva”, sinala a compañía. Tamén pon en valor a súa “coidada decoración e os espectaculares edificios históricos renovados nos que se emplazan”.

Rei en Galicia

Hotusa, con unha forte presenza en Galicia, e con A Toxa como referente con tres establecementos, ten unha carteira de 270 hoteis operativos. A compañía de Amancio López situou a súa cifra de negocio ao peche do ano pasado en 1.560 millóns de euros, tras medrar un 10% anual. O seu ebitda (beneficio antes de intereses, impostos, depreciacións e amortizacións) aumentou un 20%, ata os 242 millóns de euros, mentres que o beneficio neto disparouse un 25%, ata os 115 millóns, fronte aos 92 millóns de 2023 ou os 56 millóns de 2022.

Comenta el artículo
Sigue al autor

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp