O primeiro ‘pelotazo’ de San José coa Operación Chamartín: recortou 200 millóns de débeda e deixou a Merlin como gran acreedor
Un repaso ao impacto da Operación Chamartín sobre as finanzas de San José

Jacinto Rey, presidente de Grupo Empresarial San José, con el skyline de Madrid Nuevo Norte al fondo
Grupo San José, a maior construtora galega por volume de ingresos, chega á última etapa da longuísimaa tramitación da Operación Chamartín cun balance moito máis saneado do que tiña hai uns anos atrás. E en boa medida é grazas ao avance do propio proxecto urbanístico, no que desembarcou por primeira vez nos anos noventa e que a finais do ano pasado cruzou unha meta clave co traspaso dos terreos de Adif aos tres socios que conforman a promotora: BBVA, Merlin Properties e a compañía de Jacinto Rey.
En un período de seis anos, a constructora pontevedresa conseguiu rebaixar á terceira parte a súa débeda e, ao mesmo tempo, obter liquidez grazas a un dos seus compañeiros de viaxe en Madrid Nuevo Norte, a socimi Merlin Properties, hoxe en día o seu principal acreedor financieiro. Ao peche do exercicio 2024, a débeda financeira neta de San José era de 117,3 millóns, segundo as súas contas anuais consolidadas, dos que 94 millóns procedían dun préstamo que lle outorgou o grupo de Ismael Clemente en 2019, como parte do acordo para o traspaso do 14,4% da Operación Chamartín. Nese mesmo período, a débeda financeira pasou dos 318,2 millóns do peche de 2018 aos 117,3 millóns actuais, unha rebaixa de 200 millóns.
A operación clave
O saneamento do balance de San José foi, en realidade, a última etapa dunha longa travesía que comezou durante a crise financeira e que case se leva por diante ao grupo, pois tivo que acordar a refinanciación de uns 1.600 millóns de débeda contraídos pola adquisición de Parquesol e entregar ás entidades a súa división inmobiliaria tras o crack do ladrillo. O desbloqueo administrativo e xudicial do gran desenvolvemento urbanístico do norte de Madrid permitiulle poñer a guinda a ese proceso, mediante a venda en 2019 do 14,4% da promotora da Operación Chamartín a Merlin por 168,89 millóns. A operación pechouse en novembro dese ano, coa filial Desarrollos Urbanísticos Udra como vendedora.
Con ese diñeiro, San José procedeu á amortización íntegra da débeda financeira sindicada e á cancelación dos warrants emitidos en 2015 como parte dos compromisos adquiridos coa banca para a refinanciación de débeda. O acordo coa socimi conlevou, ademais…