O PSdeG avala o aumento do gasto europeo en defensa, pero non «a custa» da PAC e a pesca

O eurodeputado Nicolás González Casares defende a subida do gasto militar "porque a ameaza está aí", pero aboga por manter os fondos para a agricultura e a pesca

El eurodiputado del PSOE, Nicolás González Casares. Foto de archivo - Álvaro Ballesteros - Europa Press

El eurodiputado del PSOE, Nicolás González Casares. Foto de archivo – Álvaro Ballesteros – Europa Press

Unha de cal e outra de area do PSdeG á proposta de orzamentos da Comisión Europea. O eurodeputado Nicolás González Casares mostrouse favorable a subir o orzamento comunitario de defensa e seguridade, xa que ve unha “necesidade bastante clara” e “porque a ameaza está aí”. En todo caso, advirte de que “non pode ser todo a custa de reducir” a política agraria común (PAC) e os fondos destinados á pesca.

Sobre este punto, González Casares indica que a proposta presentada a semana pasada para o novo marco financeiro plurianual -que recorta en polo menos un 20% a asignación da PAC a partir de 2027 e que reduce nun 67% o Fondo Marítimo, Pesca e Acuicultura (Fempa)– responde á Comisión “que máis á dereita está da historia”.

“A Comisión máis dereitizada, a que prometeu aos gandeiros que non ían sufrir, é a que máis está recortando en políticas sociais (…) Que a xente se decate do que é o xiro á dereita en Europa“, afirma González Casares, nunha entrevista concedida a Europa Press.

Neste sentido, González Casares asegura non entender “que foi facer a Bruxelas” o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e acúsao de “moito lerele e pouco larala”, posto que “é o seu partido” o que lanza este proxecto, pola pertenza de Ursula von der Leyen ao Partido Popular Europeo.

Agora, avisa de que “queda un longo percorrido” de negociación e incide en que “non se pode aceptar como está” o orzamento plantexado, se ben observa “algúnha cousa ben” como as infraestruturas e a “oportunidade para dar un impulso ao eixe atlántico e ao AVE Vigo-Oporto“.

Ademais, González Casares lamenta a “salvaxe deriva” e carga contra a Comisión Europea “que máis á dereita está da historia”. Así, sinala que “o PP ten 14+1 comisarios”, polo comisario elixido polo goberno de Giorgia Meloni.

Nesta liña, incide en que o comisario de pesca é do PP, igual que o de agricultura, mentres que o de cohesión é “populista de Meloni”, e conclúe que “o xiro á dereita en Europa” é o que supón “un destrozo total ás garantías de que as rexións reciben e xestionan” os recursos.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta