O PSdeG pide contas a Rueda polo seu último viaxe a Bruxelas: “Foi realmente negativo para Galicia”

Lara Méndez, vicevoceira segunda do Grupo Socialista, critica a "alarmante falta de capacidade e de xestión" do presidente da Xunta ao que esixiu que viaxe a Bruxelas "a algo máis que a pasear polas institucións europeas"

La viceportavoz segunda del Grupo Socialista, Lara Méndez

La viceportavoz segunda del Grupo Socialista, Lara Méndez – PSDEG

Lara Méndez, vicevoceira segunda do Grupo Socialista, esixiu ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que explique “a que foi a Bruxelas” no seu último viaxe, “cuxo resultado foi realmente negativo para Galicia”.

Méndez criticou a “alarmante falta de capacidade e de xestión” de Rueda, ao que esixiu que viaxe a Bruxelas “a algo máis que a pasear polas institucións europeas”.

Neste sentido, instoulle a falar cos seus compañeiros de partido para que “revertan o recorte de fondos de cohesión que veñen de presentar e que pon contra as cordas aos sectores produtivos galegos”.

Orzamentos que marxinan a Galicia

Os socialistas galegos indicaron nunha nota de prensa que Méndez presentará ao Parlamento de Galicia unha serie de iniciativas fronte a uns orzamentos que “marxinan radicalmente a Galicia”.

Así se referiu á proposta do PPE para o Marco Orzamentario do período 2028-2035, “que supón a redución dos fondos de pesca a un terzo, pasando de 6.000 a 2.000 millóns de euros, e un recorte do 23% na PAC, que perde 80.000 millóns de euros”.

Ademais, advertiu de que Galicia “vai perder autonomía grazas á Comisión Europea máis de dereitas da historia” e denunciou que con esta proposta, “o PP quítalle ás comunidades autónomas a xestión dos fondos, co que Galicia, por exemplo, quedaría sen xestionar fondos Feder”.

Con todo, lembrou que o comisario de Pesca da UE, Costas Kadis, realizou a semana pasada unha visita a Galicia na que, segundo indicaron os socialistas, “nin a Rueda nin á conselleira de Pesca se lles ocorreu mencionar a necesidade dun orzamento forte dos fondos pesqueiros”.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta