Rueda promete «celeridade» coas axudas para os afectados polos incendios.
"Hai que intentar que as cousas volvan a como estaban antes do incendio", defendeu o presidente da Xunta durante a súa visita a Monterrei.

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, atiende a los medios de comunicación en Verín (Ourense) acompañado de la conselleira do Medio Rural, María José Gómez, y del presidente de la Diputación de Ourense, Luís Menor. – XUNTA
O presidente da Xunta marca as axudas como prioridade para paliar os danos sufridos polos incendios. Alfonso Rueda visitou este mércores a aldea de A Caridade, no concello de Monterrei, nun acto no que estivo acompañado da conselleira do Medio Rural, María José Gómez.
Alí garantiu “celeridade” na aplicación das axudas para paliar os danos provocados polos incendios que se aprobarán no Consello da semana que vén. “Hai que intentar que as cousas volvan a como estaban antes do incendio”, recalcou Rueda, que defendeu que isto se produza en “canto antes”.
Neste sentido, o mandatario autonómico destacou que a vez que se traballa para apagar o lume que afecta especialmente á provincia de Ourense, “xa hai xente traballando para empezar a avaliar os danos”.
Neste sentido, a próxima semana o Goberno galego convocará un Consello extraordinario en Ourense para aprobar a configuración do paquete de axudas dirixidos aos afectados co fin de paliar os danos sufridos. Segundo sinalou, a súa aplicación será coa “maior celeridade posible”, en coordinación cos concellos e para a que se habilitará un teléfono de información para a cidadanía.