O gran ano de Zendal: triplica beneficios e Fernández Puentes traspasa o 51% das accións a un novo holding

Zendal Health, agora participada nun 51% polo grupo Alduschen que controla Pedro Fernández Puentes e a súa filla, eleva un 16% a súa cifra de negocio, ata os 118 millóns de euros, e obtén un beneficio consolidado de 9,6 millóns en 2024

Los Fernández Álvarez-Santullano recogen el premio Familia Empresaria 2023

Los Fernández Álvarez-Santullano, propietarios de Zendal, reciben el premio Familia Empresaria 2023 – PUNTO GA/M. RIOPA

Zendal é algo máis que un punto e á parte na biotecnoloxía en Galicia. A velocidade de cruceiro obtida tras as compras dos últimos anos permite ao grupo de Pedro Fernández Puentes tamén ser referencia en canto á xeración de beneficios. E faino nun momento de transición calculada dentro da estrutura da compañía.

E é que 2024 pode considerarse un dos grandes anos de Zendal, especialmente marcado por dous fitos: triplicou beneficios e Fernández Puentes traspasou a maioría das accións a un novo holding. Zendal Health, agora participada nun 51% polo grupo Alduschen, que controla Pedro Fernández Puentes e a súa filla, elevou un 16% a súa cifra de negocio, ata os 118 millóns de euros, e obtivo un beneficio consolidado de 9,6 millóns en 2024

As integracións e os beneficios

O grupo explica na memoria que acompaña a súas contas que durante 2024 avanzou no proceso de integración de Maymó e de Laboratorios Ovejero, “así como na explotación das inversións que realizou o grupo nos últimos exercicios e que permitiron incrementar de maneira considerable a capacidade produtiva”, di. O importe neto da cifra de negocio viuse incrementando nun 16% respecto ás vendas rexistradas no exercicio 2023, alcanzando os 118,3 millóns, “o cal consolida a evolución positiva dos negocios de saúde animal e saúde humana do grupo”.

Resultado de explotación

Este incremento da cifra de vendas permitiu a obtención dun resultado de explotación de nada menos que 17,7 millóns de euros no exercicio de 2024, a unha gran distancia dos 2,5 millóns obtidos en 2023. En canto ao resultado neto, a evolución tamén foi sobresaliente, triplicándose, ao situarse en 9,6 millóns de euros, fronte aos 3,1 millóns de 2023.

Zendal Health, con base en O Porriño, naceu como tal en 2020, como consecuencia da escisión parcial de CZ Veterinaria (actualmente denominada CZ Vaccines) e converténdose na sociedade holding do grupo Zendal tras o proceso de reestruturación empresarial levado a cabo entón. Agora, o grupo asiste a unha nova volta de tuerca accionarial, da que queda constancia no seu último informe de xestión e que ten moito que ver co proceso de sucesión que Pedro Fernández Puentes comezou a perxear o ano pasado.

O Grupo Alduschen

Desde finais de 2024, Zendal Health está integrada no grupo de empresas que encabeza a sociedade limitada Alduschen (Grupo Alduschen), que foi constituída ese mesmo ano en Vigo, concretamente en outubro. Os xestores da compañía de Pedro Fernández Puentes, que tamén é accionista e vicepresidente de Pharma Mar, sinalan que Alduschen posúe actualmente o 50,96% das accións de Zendal Healt.

A creación de Alduchen ten moito que ver coa liquidación de Safoles, a patrimonial de Fernández Puentes. Coa súa disolución, o patriarca segregaba os seus activos en dúas firmas de nova creación, unha delas Alduchen, e colocaba ao fronte delas a dous dos seus cinco fillos. Concretamente, en Alduchen, a que agora ten o 51% de Zendal Health, Pedro Fernández Puentes comparte responsabilidade con María Concepción Fernández Álvarez-Santullano, ambos en calidade de administradores solidarios.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta