A directora de Infraestruturas da Xunta asume a presidencia de SPI e xestionará case 300 millóns de orzamento.
María Deza Martínez, que tomou posesión en outubro como directora da Axencia Galega de Infraestruturas, releva tamén a Francisco Menéndez na Sociedade Pública de Investimentos.