Clun e Leche Celta crean un gran grupo lácteo con sede en Galicia: CoRural, cun negocio de 600 millóns.
O novo grupo lácteo, que unirá aos donos das marcas Feiraco e Leite Celta, en mans da portuguesa Lactogal terá a súa sede social en Santiago, mantendo ambas compañías as súas marcas e identidade.
A cooperativa Clun, dona de Feiraco, e Leite Celta, en mans da lusa Lactogal, únense nun gran grupo galego.
Alianza estratéxica no sector lácteo galego. Clun e Leche Celta, dúas das principais compañías que operan en Galicia, acaban de anunciar a creación dun grupo conxunto: CoRural, Corporación Rural Láctea, unha nova entidade que terá sede en Santiago de Compostela e que alcanzará os 600 millóns de facturación conxunta ao ano.
Ambas compañías indican que “en CoRural confluirán a base cooperativa de Clun e a solidez industrial e comercial de Leche Celta, conservando ambas a súa identidade”.
“Esta suma de recursos prevése que se materializará nun operador con 1.400 produtores de leite, 800 persoas empregadas, 8 plantas industriais, un volume de negocio anual de 600 millóns de euros e marcas tan recoñecidas como Celta, Feiraco, Clesa e Únicla”, expoñen.
Unha vez obtidas as autorizacións necesarias por parte das autoridades de competencia, José Ángel Blanco, presidente de Clun, asumirá a presidencia, e Javier Bretón, actual director xeral de Leche Celta, e Juan Gallástegui, actual director xeral de Clun, asumirán as funcións de conselleiros delegados da nova entidade, cuxa sede social estaría prevista en Santiago de Compostela