Sogama eleva o ton contra un “transporte ferroviario ineficaz” que lle custa 7 millóns ao ano.
A empresa pública autonómica de tratamento de residuos urbanos explica que o corte de Renfe en Vigo obrigouna a activar un plan de continxencia e transporte por estrada.
Complexo de Sogama en Cerceda. Sogama
Sogama criticou que desembolsa cada ano “arredor de 7 millóns de euros” por un transporte ferroviario “cada vez máis ineficaz”, tras ter que activar un plan de continxencia debido ao corte da circulación por tren con Vigo que se rexistrou a pasada semana.
En un comunicado, explica que o corte ferroviario coa cidade olívica activado por Renfe o pasado xoves obrigou a Sogama a reorganizar o servizo co fin de evitar que as plantas de transferencia do sur da provincia de Pontevedra quedasen desatendidas, cos prexuízos que, segundo apunta, iso conlevaría para os concellos usuarios das mesmas e os propios cidadáns.
Aliviar a presión sobre as plantas
Así, a empresa pública destacou que activou o seu plan de continxencias e procedeu a reforzar o transporte de residuos por estrada. Para iso, alugou 19 plataformas-contedores co fin de aliviar a presión sobre as plantas.
Con todo, sinalou que este transporte tamén se viu ralentizado debido ás fortes ráfagas de vento, árbores caídas e desprendementos de terra, resultando unha circulación moi dificultosa para os condutores.
Ademais da dotación de medios materiais, a empresa destacou que destinou máis persoal ao transporte, ao tempo que ampliou os horarios de traballo das plantas de transferencia para facilitar as descargas dos camións municipais.
Esfuerzo “loxístico, económico e humano”
“Un esforzo adicional, tanto en termos económicos como humanos”, que a compañía asegurou que tivo que realizar a pesar de que cada ano “desembolsa 7 millóns de euros por un transporte ferroviario cada vez máis ineficaz”.
Sogama tamén narróu a “exixente coordinación de todo o dispositivo e o constante intercambio de información cos concellos para que os servizos de recollida fosen a baleirar nas instalacións no momento no que había dispoñibilidade de contedores“.
“Aínda que se reanudou o transporte por tren, o certo é que o servizo de Sogama non está plenamente normalizado ao 100%, aínda que si o estará durante os próximos días”, apuntou.
O obxectivo da empresa era, por riba de todo, evitar a acumulación de lixo nas rúas e, polo tanto, un problema de saúde pública.
A entidade destacou que mantivo unha comunicación constante cos seus clientes, os entes locais, que estiveron ao tanto das novidades, e aos que agradeceu a súa “máxima colaboración”, atencións e dilixencia ante unha concatenación de incidencias alleas á responsabilidade das partes. Un agradecemento que estendeu á contratista, operarios das plantas e condutores dos camións, que realizaron o seu traballo en condicións realmente adversas.