Atlas Urbano: Ferrol, un sistema singular

Ferrol pecha a lista da comparativa entre as principais cidades galegas realizada na terceira edición do Atlas Urbano da Sostibilidade en Galicia co envellecemento demográfico, o desenvolvemento tecnolóxico e o baixo impacto do turismo entre os seus principais retos

Puerto deportivo de Ferrol

Puerto deportivo de Ferrol. Wikipedia

Ferrol experimentou unha perda de poboación e peso urbano nas últimas décadas en favor dos concellos circundantes. A cidade coruñesa pecha a lista da comparativa realizada na terceira edición do Atlas Urbano da Sostibilidade en Galicia na que se comparan as principais cidades da comunidade e a súa área de influencia.

Historicamente un enclave estratéxico e base militar asociada ao sector naval, acadou unha valoración de 32,36 puntos sobre 100 na análise realizada no proxecto editado por Economía Digital. O de sostibilidade ambiental é o indicador no que mellor comportamento obtén, conseguindo unha valoración de “excelente”, grazas aos seus “niveis aceptables” de calidade ambiental en comparación cos estándares europeos. Con todo, é necesaria unha “vixilancia activa en materia de emisións e vulnerabilidade climática”.

Tamén en vivienda obtén unha boa valoración a pesar de que o seu ecosistema reflicte a crise demográfica e económica de Ferrol e a súa área de influencia –Narón, Fene, Mugardos e Neda– que destacan por unha elevada presenza de segundas residencias, unha notable inercia construtiva e un parque habitacional envellecido e pouco dinámico.

En concreto, os concellos que mostran un porcentaxe máis elevado de segundas vivendas son Mugardos e Neda, co 47% e o 32%, respectivamente, mentres que Ferrol lidera o ranking de áreas urbanas con vivendas baleiras, cun 17,4%, unha cifra moi próxima ao 18% da media europea.

En canto á estructura económica e o emprego, a economía desta área combina “a herdanza da industrialización con síntomas de desactivación produtiva e unha marcada fragilidade do tecido empresarial”. Tal e como se explica no Atlas, concentra arredor do 3% do PIB da comunidade, “o que revela a súa perda de centralidade económica”.

Por outra banda, o mercado laboral presenta taxas de desemprego elevadas que, no caso de Ferrol alcanza o 11,1%, moi por riba da media comunitaria do 6,1%. A iso habería que sumar a limitada capacidade de xerar emprego estable e de calidade.

Os retos da área de Ferrol

Son catro os indicadores nos que Ferrol e a súa área de influencia non conseguen un aprobado na análise realizada no Atlas Urbano. O primeiro deles é o de demografía debido a un pronunciado envellecemento cunha idade media superior á europea (44,5 anos) en todos os concellos. Neda e Mugardos sitúanse como os máis envellecidos, cunha idade media de 50,2 e 50 anos respectivamente, mentres que Narón  mostra un certo dinamismo, con 44,8.

O segundo é o de mobilidade e transporte.  “A mobilidade nesta área reflexa unha estrutura urbana fragmentada con patróns de desprazamento pouco densos e un uso intensivo do vehículo privado”. Segundo explica o estudo, só o 3% dos desprazamentos en Ferrol realízanse en transporte público, unha cifra “moi baixa que evidencia a súa escasa penetración”.

Tampouco aproba no indicador do turismo, cuxo papel nesta zona é “irrelevante”. “Ten un perfil baixo pero constante cunha oferta moderada, pero estable e sostida en Ferrol”. A estancia hoteleira é de 1,8 días, unha duración breve que responde a un “turismo de paso”. A proporción de turistas estranxeiros sobre a poboación residente é baixa: entre 1,05% en Neda e 2,8% en Fene, cifras moi por baixo dos referentes turísticos do país.

O último dos indicadores nos que non obtén unha boa puntuación é o de innovación e tecnoloxía, cun ecosistema de innovación que está nunha fase incipiente de desenvolvemento. Os seus niveis de implantación tecnolóxica están moi por baixo dos promedios desexables no contexto europeo. En concreto, Ferrol conta con cinco empresas tecnolóxicas e tres startups mentres que Narón ten tres de cada categoría. Tamén o emprego tecnolóxico está moi por baixo da media europea estimada en torno a 210 por concello.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta