A Toxa viste de gala na Noite Galega das Telecomunicacións

Celebración da Noite Galega das Telecomunicacións na icónica illa da Toxa

Imagen de la XXIX Noite Galega das Telecomunicacións / Xunta

Imagen de la XXIX Noite Galega das Telecomunicacións / Xunta

Nova entrega da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade de Información. O Gran Hotel La Toja acolleu este xoves a celebración da XXIX edición destes premios nos que se deron cita un total de 130 persoas.

A gala estivo presidida pola conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana. Durante a súa intervención, a representante da Xunta expresou o obxectivo do Goberno galego de acadar unha Galicia conectada, que conte coas mellores redes e infraestruturas de transporte eléctrico e de telecomunicacións.

Lorenzana lembrou que o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) conta por primeira vez cunha área específica dedicada á innovación empresarial (está dotada con 60 millóns de euros) e reivindicou o papel da administración pública como ‘aliada’ das empresas.

O papel clave da enxeñaría de telecomunicacións

A conselleira sinalou que as redes de telecomunicacións, ao igual que as de transporte de enerxía, son infraestruturas críticas e alertou da necesidade de ‘actuar canto antes se queremos evitar máis incidentes na rede como sucedeu co apagón e dar garantías ao sector industrial’.

Nesta mesma liña, o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, Julio Sánchez Agrelo, defendeu o papel clave que xogan as infraestruturas críticas, como son os sistemas que garanten o subministro enerxético, o transporte, os servizos de emerxencias ou sanitários.

É por iso que o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións reivindicou a súa tarefa como esencial e fixo un chamamento aos mozos para apostar por este sector. Ademais, Sánchez Agrelo agradeceu o apoio recibido por parte da Xunta, o que permitiu que Galicia ‘sexa un referente en dixitalización, conectividade e innovación. Iso é froito dunha visión compartida entre institucións, profesionais e empresas.

Entre os galardoados atópanse Alfonso Juan Álvarez Villamarín, CEO de Cellnex España, que foi recoñecido como Enxeñeiro do ano 2025 pola súa ‘brillante traxectoria profesional’. A xuízo do xurado, o seu traballo permitiu ‘o mantemento da continuidade das emisións de radiofusión, de gran relevancia para todos durante o recente apagón. ‘É un premio que me fai moi feliz e espero honraro nos próximos anos’, proclamou o CEO de Cellnex España.

Ademais, o ente colexial tamén entregou o Premio Socio de Honra a Hijos de Rivera polo seu ‘apoio á innovación e a aposta pola tecnoloxía en favor das iniciativas galegas en internet grazas á web Bigcrafter‘ e ao proxecto The Mind Guardian, de AtlanTTic e Samsung España, que recibiu o Premio Amtega como mellor proxecto TIC con beneficios sociais.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta