A taxa turística pon en pé de guerra aos hoteleiros de Santiago.

A Unión Hoteleira de Compostela (UHC) presentou un recurso contra a taxa turística, que entra en vigor o próximo 1 de outubro.

Reunión de la Unión Hotelera de Compostela (UHC), celebrada en la semana de la votación de la tasa turística, en julio de 2025./ UHC

Reunión de la Unión Hotelera de Compostela (UHC), celebrada en la semana de la votación de la tasa turística, en julio de 2025./ UHC

A taxa turística en Santiago de Composteladesencadea as críticas da Unión Hotelera de Compostela (UHC). A asociación presentou un recurso contra esta medida que entrará en vigor o próximo 1 de outubro tras obter a súa aprobación en pleno no pasado mes de xullo.

O recurso presentado por UHC apoia-se nun informe da Universidade de Santiago, do que son autores os profesores Miguel Ángel Vázquez Taín, presidente do Consello Xeral de Economistas de España, e María Bastida, doutora en Organización de Empresas e docente e investigadora na Universidade de Santiago de Compostela.

O estudo sostén que non hai déficit fiscal derivado do turismo que xustifique o novo gravame. É por iso que apunta que o sector xa contribúe “substantialmente” á financiación municipal e que non se calcularon os custos reais dos servizos turísticos. Ademais, sostén que a execución dos fondos obtidos actualmente destas actividades “é moi baixa”. Nesta liña, outra das cuestións que alea o estudo é que “non resolve o problema do ‘sobreturismo'” ao gravar a quen pernocta e non ao excursionista.

A través dun comunicado, a UHC expresou a súa “preocupación” pola inminente implantación da taxa. A asociación xa mantivo esta postura durante toda a tramitación da ordenanza e que foi punto de conflito co Concello, ao que lle reprocharon numerosas veces “falta de diálogo”, o que o goberno local negou.

A resposta do Concello

Fronte a este recurso, o Concello de Santiago respondeu que a redacción da ordenanza realizouse con “todas as garantías” e cun “escrupuloso seguimento de todos os pasos pertinentes”. Así, os servizos xurídicos municipais analizarán o recurso “en detalle” para responder e defender nos xulgados esta ordenanza de ser necesario.

Esta taxa turística, que oscilará entre 1 e 2,5 euros por noite, é unha recarga ao impuesto de estancia turística aprobado pola Xunta na Lei de medidas fiscais e administrativas. Desta forma, o traballo examina a proposta, tramitación e aprobación da ordenanza municipal e conclúe que o recargo “non está xustificado legalmente”.

A este respecto, sostén que a proposta do Concello de Santiago non acredita a “necesidade concreta” da recarga que esixe o artigo 24.2 da normativa autonómica e emprega “datos dispersos” -tránsito, peregrinos e pasaxeiros, cita o informe- para xustificalo.

Neste sentido, dende o consistorio entenden que a admisión a trámite entra dentro da normalidade da presentación dun recurso na correspondente instancia xudicial. Os servizos xurídicos municipais analizarán o seu contido “en detalle” para responder e defender tamén nos xulgados esta ordenanza e o propio imposto.

O goberno local reafirma que o procedemento para a elaboración da ordenanza fixose con “todas as garantías” e cun “escrupuloso seguimento” de todos os pasos pertinentes. Ademais, asegura ter atendido as alegacións presentadas durante a tramitación, motivo polo que atrasou a entrada en vigor da recarga ao 1 de outubro.

Asimismo, sostén que a implantación do imposto responde a un “clamor social” e que, en concreto, os veciños de Compostela “están a favor do imposto”. Lembra que a capital galega liderou a aprobación da normativa autonómica, que o Concello de Santiago negociou coa Xunta durante o 2024.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta