A Xunta arquiva o proxecto de Altri en Palas de Rei tras o ‘portazo’ do Goberno á súa conexión eléctrica
A conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, anuncia o arquivo do proxecto da compañía portuguesa despois de que quedase fóra da planificación eléctrica do Goberno.
María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía e Industria. Xunta
A Xunta de Galicia arquiva o proxecto de Altri para a súa inversión de 1.000 millóns de euros en Galicia. A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, anunciou este venres que o Executivo autonómico viu obrigado a tomar esta decisión despois de que Altri quedase fóra da planificación eléctrica 2025-2030 que o Goberno central trazou a través de Red Eléctrica.
“A zona central de Lugo e a que linda con A Coruña, quedan absolutamente sen conexión. E aí hai un proxecto industrial estratéxico que estabamos tramitando, que é o coñecido como proxecto de Altri, do cal xa iniciamos o arquivo deste expediente”, desvelou a conselleira.
O movemento tivo lugar esta semana, toda vez que expiraba o prazo de tres meses que concede “a lei para que xustifique a conexión que presentaba no proxecto”. En caso contrario, “procederase inmediatamente ao arquivo formal do expediente de Altri“, tal e como ocorreu. “O arquivo e a caducidade do expediente veñen determinados porque a empresa non pode xustificar a fórmula, digamos, técnica que prevía no proxecto para a súa conexión”, engadiu.
Tres meses para que Altri presente alegacións
“Eu chamaba a atención en que a parte industrial estaba incompleta sen esa conexión e que, polo tanto, estaba en mans da empresa e do Goberno central, en concreto do Ministerio de Transición Ecolóxica, dar enchufe á compañía co cal, pois evidentemente o arquivo e a caducidade van vinculados á falta de conexión. Se non existe a conexión concreta e ademais con esa subestación que é o que precisa a solución técnica que se deu no proxecto, o proxecto queda arquivado”, lamentou Lorenzana.
Nese sentido, a representante da Xunta lembrou que o Executivo autonómico deu traslado das súas alegacións nun Consello da Xunta, pero non tivo “máis feedback por parte do Ministerio“. “Creo que segue avanzando con normalidade esa planificación”, subliñou. “Estamos a falar dunha planificación que ata o 2030 non vai haber unha nova”. “A subestación non está prevista, polo tanto a Xunta ten que ser coherente co que dixemos desde o principio e arquivalo”, engadiu.
Altri ten agora un prazo de tres meses para presentar alegacións contra o arquivo da Xunta. “Transcorridos estes tres meses, se non logra xustificar a conexión, pois prodúcese un arquivo automático e a caducidade absolutamente procedimental do que estou a falar”, avanzou a conselleira.