APD reúne a máis de 400 profesionais en Santiago no «Gran Foro de Innovación e Emprendemento»

O foro contará con máis de 30 relatores, entre os que se atopan cargos de grandes empresas como Microsoft, Finsa, Abanca, Hijos de Rivera ou MasOrange; e representantes de startups de éxito.

A APD (Asociación para o Progreso da Dirección) e a Xunta organizan o próximo 21 de outubro o I Gran Foro de Innovación e Emprendemento, un encontro empresarial que reunirá a máis de 400 profesionais no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago. A xornada enmárcase dentro do Programa Capacita Directivos e conta coa colaboración de Nordés Club Empresarial e o
Círculo de Empresarios de Galicia, ademais dunha ampla rede de entidades e medios partners que respaldan a iniciativa.

O evento nace coa vocación de converterse nun espazo de inspiración, aprendizaxe e conexión entre empresas, directivos, emprendedores e
institucións unha meta que encaixa cun dos obxectivos centrais de APD no seu traballo por impulsar a cultura innovadora como motor de competitividade e crecemento.

Durante máis de cinco horas, o foro ofrecerá seis bloques temáticos nos que destacados profesionais compartirán a súa experiencia sobre alianzas abertas, innovación corporativa, emprendemento de impacto, competencias para emprender, diversidade e financiamento.

Como asistir

O I Gran Foro de Innovación e Emprendemento busca impulsar a transformación do tecido empresarial galego, promovendo a cooperación entre startups, grandes empresas e administracións, e ofrecendo unha plataforma para visibilizar proxectos innovadores con impacto real, segundo explican na organización. O encontro contará coa participación de institucións, universidades, clústeres tecnolóxicos, asociacións empresariais e referentes do ecosistema emprendedor galego.

O encontro é totalmente gratuíto e poderán asistir aquelas persoas que o desexen ata completar aforo. As inscricións
pódense formalizar a través da web de APD ou escribindo un correo electrónico a cbtorrado@apd.es.

O programa

A xornada arrancará ás 09:00 h coa recepción de asistentes, seguida da benvida institucional a cargo de Francisco Botas, presidente de APD Zona Noroeste, e a inauguración oficial por parte da conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia; María Jesús Lorenzana.
A partir das 09:35 h, sucederanse as mesas e coloquios:

Innovación aberta: o poder das alianzas: con representantes de Finsa, Arraigo, Agroamb Prodalt e Agrolinera.

Innovando desde empresas consolidadas: con directivos de Microsoft, BorgWarner, Hijos de Rivera e Kaleido.

Emprendemento de impacto e dinamización do territorio: moderado por Alfredo Ramos (R & MASORANGE), con proxectos como Zebra Brain ou Aldealista.

Competencias para emprender con éxito: con CEOs de Medrar, Councilbox, MestreLab, Docuten e Inverbis Analytics.

Emprender sen fronteiras: abordarase a diversidade como fonte de valor, coa participación de Batea Oncology e Sentinel Ecosystems.

Construíndo con solidez: alternativas de financiamento e xestión eficiente, con expertos de Abanca, Unirisco, Gradiant e Cetim.

A clausura do acto correrá a cargo da conferenciante internacional Bisila Bokoko, directora executiva de BBES. Ofrecerá a ponencia “Emprender sen medo: a clave do éxito”, a partir das 13:35 horas, e antes do peche definitivo con networking e actuación musical do grupo Stormy Trucks.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta