As produtoras de Vaca Films recortan ingresos e beneficios no ano da estrea de ‘Clanes’ (Netflix)

Vaca Films Studio e Vaca Net TV, pecharon o 2024 cunha facturación conxunta de 6,95 millóns, por debaixo dos 9,05 do ano anterior, e uns beneficios de 1,5 millóns, un 38% menos que os colleitados en 2023.

Vaca Films, galardonada con el Premio Calpurnia de Honor 2019 en el Festival Internacional de Cine de Ourense

Vaca Films, galardonada con el Premio Calpurnia de Honor 2019 en el Festival Internacional de Cine de Ourense

As produtoras de Vaca Films, a firma coruñesa constituída en 2003 por Borja Pena e Enma Lustres que está detrás de títulos como Celda 211, Quen a ferro mata ou A sombra da lei, pecharon o pasado exercicio cunha facturación conxunta de 6,95 millóns, un 23% por debaixo dos 9,05 do ano anterior, e uns beneficios de 1,5 millóns, fronte aos 2,55 do 2023.

Este recorte vén principalmente da caída en ingresos e ganancias de Vaca Net TV, que en 2024 alcanzou uns ingresos de 2,52 millóns, por debaixo dos 6,79 do ano anterior, segundo figura na información depositada no rexistro Mercantil e consultada por Economía Dixital Galicia.

En canto aos beneficios, pasaron dos 1,18 millóns aos 654.313 euros. A sociedade, dedicada a “as actividades de produción cinematográfica e de vídeo”, manexa uns activos de sete millóns e conta cun patrimonio neto de 5,29, un 14% do ano anterior.

Comportamento distinto tivo a outra produtora Vaca Films Studio, que chegou a duplicar a súa cifra de negocios pasando dos 2,26 millóns en 2023 aos 4,43. A pesar deste incremento nos ingresos, a sociedade despediu o ano cun recorte nos beneficios, que caeron dos 1,37 millóns aos 924.810 euros. Pola súa banda, o resultado de explotación, o propio da actividade da empresa, ascendeu dos 491.163 euros aos 864.235.

“Durante o exercicio 2024 cobráronse subvencións, doazóns e legados por importe de 692.136,69 euros, as cales teñen como finalidade a de favorecer a realización de investimentos en inmobilizado intanxible (producións cinematográficas e audiovisuais)”, explican na memoria que acompaña ás contas.

Os activos da compañía alcanzaron os 10,25 millóns, fronte aos 12,85 do exercicio anterior, e o patrimonio neto mantívose por riba dos 8 millóns.

Outras empresas de Vaca Films

Vaca Net TV e Vaca Films Studio forman parte do grupo societario Vaca Films Invest no que figuran outras tres sociedades máis pequenas como Cinematógrafo Inversiones Patrimoniales, Vaca Docs e Vaca TV. Esta última, cuxo obxecto social é a produción de programas audiovisuais, alcanzou unha facturación de 12.666 euros, 29.574 euros menos que en 2023.

Vaca TV, cuxos activos ascenden a 671.000 euros, pechou o exercicio con uns beneficios de 26.631 euros, case un 6% por riba dos 25.200 do 2023.

O éxito de ‘Clanes’

O 2’24 foi o ano do estreo de ‘Clanes’ un thriller ambientado en Galicia e protagonizado por Clara Lago e Tamar Novas que conta a historia dunha avogada que se establece en Cambados cuxa presenza non pasa desapercibida para o fillo de importante narcotraficante e cabeza visible do «clan dos Padín». A serie da produtora coruñesa situouse durante semanas entre os títulos máis vistos en Netflix en 16 países, chegando a superar a audiencia de Os Bridgerton.

Creada e escrita por Jorge Guerricaechevarría e dirixida por Roger Gual, a serie contará cunha segunda tempada cuxa gravación comezou o pasado maio en Vilanova de Arousa.

O pasado decembro a produtora finalizou a gravación Dímelo bajito, un longametraxe rodado en Galicia producido para a plataforma Prime Video e que contou cunha achega de 300.000 euros do fondo de atracción de rodaxes convocado pola Xunta. Este drama romántico –protagonizado por Diego Vidales, Fernando Lindez e Alicia Falcó– é unha adaptación da primeira novela da saga Dímelo (Dímelo bajito, Dímelo en segredo, Dímelo con bicos) da escritora Mercedes Ron.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta