Cambios en Monbus: Abanca negocia a venda do 34% do grupo de Raúl López

O proceso de venda non se plantexou como unha subasta aberta senón que Abanca tería convidado a un número limitado de investidores.

Autocares de Monbus / Monbus

Autocares de Monbus / Monbus

Abanca negocia a venda da súa participación do 34% en Monbus, unha operación coa que os de Juan Carlos Escotet dan continuidade á estratexia de reducir a súa exposición a negocios considerados non estratéxicos.

Monbus, cuxo 66% está controlado polos fundadores da compañía a través dunha sociedade familiar capitaneada polo empresario Raúl López, conta cunha flota de máis de 1.500 vehículos e dá emprego a máis de 2.800 traballadores.

O proceso de venda non se plantexou como unha subasta aberta. Abanca tería convidado a un número limitado de investidores financeiros, industriais así como fondos de infraestruturas, segundo avanzan O Economista e o portal Infralogic.

Nos últimos meses producíronse operacións similares a nivel europeo. Un dos casos é o de Noruega e Finlandia, onde Nobina adquiriu Oslobuss e TransEdu OY. Tamén están os de Francia, coa toma de Transarc por Infranity; ou o de Dinamarca, con adquisicións de Umove por JP Morgan Asset Management.

Aportación de Monbus a Abanca

As contas de Abanca do terceiro trimestre, que revelan que a entidade gañou 670 millóns nos primeiros nove meses do ano, mostran as aportacións de Monbus e outras participadas como Copo ou Elcano aos resultados do banco.

A compañía de Raúl López, a través da cabeceira do grupo, Transmonbus, rexistra 2,5 millóns de ganancias ata setembro, un resultado que mellora significativamente o de un ano antes, cando aportaba ata setembro 1,4 millóns de beneficio.

Monbus está actualmente enfrontado coa Comisión Galega da Competencia polo expediente sancionador aberto por posibles prácticas colusorias no concurso do bus escolar da Xunta.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta