Einsa, o antigo xigante das Páxinas Amarelas, quere despedir case toda a plantilla en As Pontes

A empresa expón un ERE para 103 traballadores que afectaría a máis de 90 empregados das instalacións galegas, onde pretende abandonar a actividade de artes gráficas e reconverter a planta para labores loxísticos

Protesta de los trabajadores de Einsa Print en As Pontes / CIG

Protesta de los trabajadores de Einsa Print en As Pontes / CIG

Einsa Print foi un dos maiores grupos europeos de artes gráficas, con carga de traballo suficiente como para manter 500 empregos entre as plantas de Madrid e As Pontes, onde se instalou con importantes axudas públicas no polígono de Penapurreira despois do cesamento da actividade mineira. Agora, a empresa que se encargaba de imprimir as Páxinas Amarelas quere aparcar o negocio das artes gráficas, cun grave impacto na localidade coruñesa, precisamente, en medio dun proceso de transición xusta polo peche da central térmica de Endesa. A compañía propuxo un ERE para 102 traballadores, que afectaría a máis de 90 empregados da planta galega, case toda a plantilla.

A CIG explica que Einsa alega causas produtivas e económicas, que se resumen en unhas perdas de 20 millóns de euros nos últimos anos. O Estado de Información Non Financeira publicado polo grupo mostra que no exercicio de 2023 rexistrou números vermellos de 8,7 millóns, que se sumaron ás perdas de 2,8 millóns do ano anterior. Para reverter estes resultados negativos, segundo trasladou a empresa aos sindicatos na apertura do período de consultas, prevé un recorte laboral e o cesamento da actividade que a converteu nun xigante da impresión gráfica, agora lacerada pola dixitalización e a perda de clientes.

Segundo fontes da CIG, é previsible que os plans da compañía pasen por adaptar as instalacións de As Pontes á actividade loxística, onde opera con Einsa Sourcing, e vender a maquinaria e equipamento da área das artes gráficas para obter ingresos.

ERE sobre ERE en Einsa

Con todo, no sindicato advirten que os malos datos económicos contrastan con algúns movementos realizados pola empresa, que vendeu o 13% que tiña en GT Motive por 16 millóns de euros, que se suman aos 30 millóns que obtivo tempo atrás polo traspaso doutro 80% da empresa. Nun comunicado, a CIG reprocha que en 2023 Einsa repartise máis dun millón de euros entre membros do consello de administración, cando agora plantexa despedir cunha indemnización de 30 días por ano traballado cun límite de 20 mensualidades e con pago aprazado ata 2026 por falta de liquidez.

O presidente do comité de empresa de Einsa, Antonio García, explica a este medio que a primeira reunión de negociación será o próximo martes e que o proceso se prolongará ata o 17 de xullo, se non hai acordo antes. A lectura dos traballadores é que a perda de clientes da compañía, en realidade, responde a unha estratexia de reconversión na que desde un primeiro momento se planificou o cambio de actividade. Por este motivo, sienten que foron enganados, pois levan anos acumulando axustes laborales.

De feito, García asegura que “non poden validar este ERE xa que está incumplindo un acordo vixente”. Fai referencia ao ERE para extinguir 120 contratos que se firmou hai 15 meses e que levaba aparellado o compromiso, di a CIG, de non executar novos despedimentos ata decembro de 2026. O presidente do comité explica que a aplicación deste recorte deixará nas instalacións unha ducia ou quincena de empregados, que unicamente terían como función as tarefas de adaptación da planta á súa nova actividade.

116.000 metros cadrados en As Pontes

Einsa Print foi a primeira empresa instalada no polígono de Penapurreira ao abeiro das axudas públicas para retomar a actividade económica despois do peche da mina. Ocupa unha superficie de 116.000 metros cadrados distribuído en dúas naves de 50.000 metros cadrados, o que, lembra o sindicato, conforma un activo valioso de solo industrial para a empresa.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta