Galicia gaña peso como potencia en defensa e a Xunta declara estratéxica a ampliación da fábrica de Urovesa

O Consello da Xunta dá luz verde á declaración como “proxecto industrial estratéxico” da ampliación das instalacións de Valga, cun investimento de 52 millóns

Fábrica de Urovesa en Valga

Fábrica de Urovesa en Valga

O Consello da Xunta deu luz verde este luns á declaración como “proxecto industrial estratéxico” (PIE) da ampliación da planta de Urovesa na localidade pontevedresa de Valga. Unha decisión do Executivo autonómico nun momento no que a comunidade gaña peso como potencia no sector da defensa.

Así o explicou o presidente galego, Alfonso Rueda, na comparecencia posterior á reunión semanal do seu Goberno, na que detallou que esta declaración vén nun momento “moi oportuno, visto o actual contexto internacional”.

Investimento de 52 millóns

A ampliación, sinalou, supón un investimento por parte da empresa de 52 millóns de euros, que contará con 100.000 metros cadrados a maiores, “destinados á fabricación basicamente de todoterreos”, concretamente de vehículos para uso militar e tamén para emerxencias, por exemplo vehículos antiincendios.

Segundo sinalou, a previsión é crear “non menos dun centenar de postos de traballo directos”, ademais dos que poida haber de forma indirecta, e indicou que a previsión é que a nova ampliación estea a operativa, “como moi tarde”, no ano 2029.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta