Pistoletazo de saída á primeira planta de residuos téxtiles de Galicia

A Xunta informou do inicio dos traballos previos para a construción da planta pública de clasificación de residuos téxtiles en Cerceda.

Iniciados los trabajos previos a la construcción de la futura planta de clasificación de residuos textiles en Cerceda / Xunta

Iniciados los trabajos previos a la construcción de la futura planta de clasificación de residuos textiles en Cerceda / Xunta

Inicianse os traballos previos para a construción e xestión da futura planta pública de clasificación de residuos téxtiles no concello coruñés de Cerceda. A Xunta de Galicia, promotora do proxecto a través de Sogama, anunciou a través dunha nota de prensa de que se iniciaron as labores para poñer en marcha o que será a “primeira planta pública” deste tipo na comunidade.

Contará cunha superficie total de aproximadamente 8.000 metros cadrados e unha capacidade inicial de tratamento para 3.000 toneladas ao ano de residuos téxtiles. Esta cantidade será ampliable ata as 24.000 toneladas anuais mediante este proxecto que leva aparellada unha inversión de 22,4 millóns de euros, dos cales 10,2 corren a cargo de fondos europeos.

Así será a planta

Está previsto que a planta permita a creación de uns 16 postos de traballo directos nunha primeira fase, que podería chegar ata os 30, cubríndose preferentemente por persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. Nesta liña, a Xunta estima que as instalacións poderán estar operativas en xuño de 2026, e “cumprirá con distintos criterios de sustentabilidade como o uso de materiais reciclados e que, sexan duradeiros”.

Tamén incorporará “solucións de aforro enerxético, dando prioridade á luz natural dos distintos espazos”, así como outras “melloras relativas ao consumo de auga e á análise do ciclo de vida do edificio para estudar o impacto que terán os materiais utilizados tanto na fase de fabricación e construción, como na de explotación”.

En canto ao funcionamento interno desta planta, cuxas obras correrán a cargo da UTE Espina Obras Hidráulicas‑Setec Building, cabe indicar que unha vez recibidos os téxtiles na instalación, “estes someteranse a unha preclasificación a fin de separar aquelas pezas que se atopen en bo estado para destinalas á reutilización”.

Aqueles téxtiles que, dadas as súas características, non poden ser reutilizados nin reciclados, serán valorizados energeticamente, evitando que acaben enterrados en vertedoiro, “a peor das opcións polo seu negativo impacto ambiental e sobre a saúde”.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta