Inditex, Espina & Delfín, Grupo Puentes, Northius, R Cable e Profand destacan en ética no Atlas de ED Galicia

A transparencia, outra das variables analizadas na categoría de Bo Goberno na sexta edición do Atlas Galego da Empresa Comprometida, é cousa de Emalcsa, Optare Solutions, Ribera Saúde Galicia e Sogama, entre outras.

Portada de la sexta edición del Atlas Gallego de la Empresa Comprometida

Portada da sexta edición do Atlas Galego da Empresa Comprometida

A categoría Bo Goberno do Atlas Galego da Empresa Comprometida editado por Economía Dixital Galicia mantense como unha das áreas mellor valoradas, cunha puntuación de 6,0 puntos sobre 10. Detectase un mínimo retroceso respecto á edición anterior, pero os resultados confirman que as empresas galegas presentan unha base sólida en materia de ética corporativa e integración da sustentabilidade nos órganos de decisión.

No ámbito individual, varias empresas destacan de maneira notable no conxunto da categoría e só o Grupo Inditex supera os 90 puntos sobre 100, situándose como o referente máis destacado en materia de Bo Goberno. E que sucede se das categorías se baixa ás variables que a compoñen? Se se pasa da cesta aos vimbios que a integran?

A ética nas empresas

Pois, por exemplo, a puntuación global da variable Ética sitúase en 6,8 puntos sobre 10 en 2025, fronte aos 6,7 de 2024 e os 6,6 de 2023. “A evolución é moi moderada”, din os autores do estudo, “polo que cabe falar máis ben dunha situación de estabilidade” na integración da ética empresarial dentro das prácticas de gobernanza das empresas que participan no Atlas.

En conxunto, os resultados da variable Ética amosan unha consolidación das estruturas básicas de integridade empresarial, acompañada dun avance especialmente relevante en dous ámbitos: a transparencia na aplicación do código ético e a certificación externa das prácticas de gobernanza.

Os sobresalientes

Nesta liña, as empresas que alcanzan a máxima puntuación posible na variable Ética no Atlas Galego da Empresa Comprometida 2025 son Cetius, Citania, Congalsa, Delikia, Espina & Delfín, Grupo Gestán, Grupo Puentes, Grupo Servicio Móvil, Inditex, Lactalis Iberia, Northius, Profand, R Cable e Vimbio Corp.

A transparencia tamén constitúe un dos elementos centrais do Bo Goberno corporativo, xa que implica facer accesible ás partes interesadas información relevante sobre a estrutura, a actividade e a situación económica da empresa. A súa finalidade é reforzar a confianza, facilitar a rendición de contas e permitir unha mellor avaliación do comportamento empresarial por parte da sociedade.

Suspenso en transparencia

No caso das empresas que integran o Atlas, os resultados desta variable “continúan sendo relativamente modestos”. A puntuación global sitúase en 4,9 puntos sobre 10 en 2025, por debaixo dos 5,1 rexistrados en 2024 e dos 5,3 de 2023.

As empresas do Atlas Emalcsa, Kaleido Ideas & Logistics, Optare Solutions, Ribera Salud Galicia e Sogama alcanzan a maior puntuación posible nesta variable mentres que Eleko e Televés quedaron preto desa máxima valoración.

Comenta el artículo
Sigue al autor

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp