A integración é para Insertega, Gadisa, Progando e Plaintec no Atlas Galego da Empresa Comprometida

En termos absolutos, Inditex, Northius, Plexus Tech, Profand, Grupo Puentes e Abanca emerxen como auténticos motores de emprego, ao incorporar máis de 400 novos postos de traballo neto na sexta edición do Atlas de Economía Dixital Galicia.

As condicións de traballo, as oportunidades de formación, a igualdade de oportunidades e o grao de participación na vida da empresa determinan en boa medida a calidade da relación entre as organizacións e o seu equipo humano. Por este motivo, a categoría Persoas do Atlas Galego da Empresa Comprometida analiza o compromiso empresarial a través de seis variables: creación de emprego, condicións laborais, formación, integración de persoas con discapacidade, igualdade e participación.

O análise conxunto dos resultados da edición 2025 do proxecto editado por Economía Dixital Galicia amosa unha situación caracterizada por unha notable estabilidade, segundo os autores. Con todo, hai aspectos nos que deterse.

A integración como aposta

A variable Integración avalía o grao de inclusión de persoas con discapacidade nas empresas e a implantación de medidas estruturadas de accesibilidade. A súa relevancia radica en que a integración laboral das persoas con discapacidade, ademais das obrigas normativas, responde ao compromiso empresarial coa diversidade, a igualdade de oportunidades e a cohesión social.

Na edición 2025, o índice desta variable sitúase en 4,2 puntos sobre 10, practicamente no mesmo nivel que o rexistrado en 2024 (4,3), o que confirma a estabilidade nun nivel relativamente baixo de implantación das políticas de integración nas empresas do Atlas. As empresas que alcanzaron a máxima puntuación posible na variable Integración nesta edición son Delikia, Gadisa, Plaintec e Progando. Ademais, tamén destacan polos seus resultados Conservas Friscos, Eleko, Esmerarte, Gesuga, Infonet, Insertega e Setga.

O compromiso co emprego

A creación de emprego merece “peza separada”. A inclusión desta variable no Atlas Galego da Empresa Comprometida ten como finalidade avaliar o compromiso das empresas co mantemento e coa creación de emprego, máis que ofrecer unha análise coyuntural do mercado laboral galego. A evolución do emprego a nivel macroeconómico está amplamente documentada por outras fontes estatísticas, polo que o Atlas céntrase fundamentalmente na dinámica interna das empresas que forman parte da mostra.

Os datos das últimas tres edicións amosan unha evolución relativamente estable, aínda que na edición 2025 aprecíase un lixeiro desprazamento cara a escenarios de maior crecemento do emprego.

Creación de postos de traballo

O grupo máis numeroso continúa sendo o das empresas que aumentaron o persoal en menos dun 10%, que alcanza o 39% dos oitenta grupos analizados e que se prestaron voluntariamente ao escrutinio, seguido das compañías que mantiveron estable ou reduciron a súa plantilla. Pola súa banda, o conxunto de empresas que incrementaron o emprego por encima do 10% sitúase no 35%, unha cifra superior á rexistrada en 2024.

En termos relativos, as empresas cun maior incremento de persoal son Alda Hotels, Cntravel, Ecoener, Greenalia, Grupo Puentes, Infonet, Legalpin, Northius, Plaintec, Sistemas Favensis, Uro Vehículos Especiales e Vimbio Corp. En termos absolutos, Inditex, Northius, Plexus Tech, Profand, Grupo Puentes e Abanca incorporaron máis de 400 novos postos de traballo netos.

Comenta el artículo
Sigue al autor

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp