A economía circular nas sete cidades, eixo da nova edición do Atlas Urbano da Sostibilidade en Galicia

O acto de presentación da cuarta edición do Atlas Urbano de Economía Dixital Galicia celebrarase o próximo xoves, día 11, na sede da Fundación Paideia, na Coruña.

As sete cidades galegas analizadas como un organismo vivo que consume recursos, os transforma, recicla e desbota. Ese é o eixo central da quarta edición do Atlas Urbano da Sostibilidade en Galicia, un dos proxectos editoriais que impulsa Economía Dixital Galicia. Dedicado nesta ocasión de forma monográfica á economía circular nas cidades, os resultados do estudo serán presentados o próximo día 11 de xuño, ás 12,30 horas, na sede da Fundación Paideia Galiza, na Coruña.

O Atlas Urbano da Sostibilidade en Galicia analiza as dinámicas urbanas de sostibilidade das sete cidades galegas a partir de indicadores homologables e fontes oficiais. A primeira edición deste Atlas realizouse construíndo indicadores propios centrados en ámbitos medioambientais. Na segunda abordáronse os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e na terceira, presentada o ano pasado, o salto foi máis alá do radio urbano definido territorialmente, incluíndo tamén as áreas de influencia das sete cidades galegas.

Esta cuarta edición céntrase na economía circular e a xestión sostible dos recursos urbanos. A decisión responde a unha converxencia de factores que sitúan a circularidade no centro da axenda política europea e, por extensión, de calquera rexión que aspire a aliñarse cos estándares da Unión Europea.

Participantes

Está previsto que a presentación do Atlas Urbano de Economía Dixital Galicia conte coa participación de Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático; Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña, e Gumersindo Feijóo, catedrático de Enxeñaría Química da USC e director do centro de investigación Cretus, xunto ao equipo de Economía Dixital Galicia.

Nesta edición, o Atlas conta co apoio de organismos e empresas como a Deputación da Coruña, Sogama, Espina, Reganosa, Exlabesa, Iberdrola, Ence e Veolia. O Atlas Urbano de Economía Dixital Galicia é “irmán” doutro proxecto tamén consolidado como é o Atlas Galego da Empresa Comprometida, cuxa sexta edición foi presentada o pasado mes de abril en Santiago coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o director de Sostibilidade de Inditex, Fernando de Bunes, así como o editor do Grupo Economía Dixital, Juan García.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp