Hai moito que avanzar en mobilidade para que o peón volva recuperar a soberanía que nunca debería perder.

A presentación da cuarta edición do Atlas Urbano da Sostibilidade reuniu a representantes do ámbito empresarial, académico e político entre os que se atopaban os exalcaldes da Coruña Carlos Negreira e Xulio Ferreiro ou o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, Julio Sánchez Agrelo.

Los ex alcaldes de A Coruña Carlos Negreira y Xulio Ferreiro, y el decano del Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, Julio Sánchez Agrelo

Os exalcaldes da Coruña Carlos Negreira e Xulio Ferreiro, e o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, Julio Sánchez Agrelo

A presentación da cuarta edición do Atlas Urbano da Sostibilidade en Galicia, editado por Economía Digital Galicia, reuniu medio cento de personalidades do ámbito académico, empresarial e político que puideron coñecer as principais conclusións dun análise das sete cidades centrado nesta ocasión na economía circular. 

Tras o acto, que tivo lugar este xoves na sede da Fundación Paideia Galiza, o exalcalde da Coruña Carlos Negreira destacou a utilidade do Atlas como unha ferramenta que permite que “se mida a evolución”. “Grazas a que medimos avanzamos; o dato é o que posibilita esta enxeñaría social que facemos os concellos”

Grazas a ese análise conséguese, por exemplo, que “a natureza teña o seu espazo e que o ser humano poida convivir co medio”. Neste sentido lembrou algúns dos problemas actuais nas urbes, como os ruídos, os sistemas eléctricos dalgúns servizos municipais. Outro dos puntos a mellorar é o de “a mobilidade, para que o peón volva recuperar a soberanía que nunca debería perder na cidade”. 

O tema da mobilidade tamén foi destacado por outro exalcalde da cidade herculina. Xulio Ferreiro apuntou ao incremento do uso do transporte público como “un reto colectivo en Galicia”. “A Coruña lidera o uso do transporte público, pero segue a ser insuficiente”. 

Ferreiro tamén puxo en valor o análise realizado nesta cuarta edición do Atlas Urbano da Sostibilidade en Galicia, xa que “permite ás cidades analizadas que vexan as súas áreas de mellora”. 

Analizar a evolución

Sobre a posibilidade de analizar a evolución dos resultados que ofrece o estudo tamén se pronunciou Julio Sánchez Agrelo, decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia. “Se non medimos as cousas, non podemos avalialas nin melloralas”. 

“É un traballo que se está a repetir ano tras ano e que xa conta cun histórico, algo que permite ter a opción de analizar a evolución dos puntos de mellora”, subliñou Sánchez Agrelo. 

A cuarta edición do Atlas contou co apoio de organismos e empresas como a Deputación da Coruña, Sogama, Espina, Reganosa, Exlabesa, Iberdrola, Ence e Veolia. O Atlas Urbano de Economía Digital Galicia é “irmán” doutro proxecto tamén consolidado como é o Atlas Galego da Empresa Comprometida, cuxa sexta edición foi presentada o pasado mes de abril en Santiago coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o director de Sostibilidade de Inditex, Fernando de Bunes, así como o editor do Grupo Economía Digital, Juan García.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp