Galicia ten cada vez máis enerxía e máis preguntas
O éxito da transición enerxética para Galicia medirase realmente no número de oportunidades que logremos reter para construír unha verdadeira soberanía económica.
Hai semanas nas que as noticias enerxéticas parecen falar de cousas diferentes: prezos negativos da electricidade, novos proxectos de almacenamento, hidróxeno verde, redes eléctricas, centros de datos, eólica mariña ou novas iniciativas empresariais. Estes factores de forma individual aportan pouca información. Pero cando se observan conxuntamente, a mensaxe é moito máis clara,
O modelo enerxético está a cambiar. Galicia podería atoparse nunha posición relevante para aproveitalo. A cuestión é se saberemos facelo.
En 2025, as fontes renovables representaron o 81,8 % de toda a electricidade xerada en Galicia. A eólica achegou o 39,6 % do mix e a hidráulica o 38,5 %, segundo datos de Red Eléctrica. Estas son cifras extremadamente favorables que sitúan a nosa comunidade nunha posición singular dentro do sistema eléctrico español, non obstante, é con estes datos cos que comeza a paradoxa: ¿Ter enerxía renovable é suficiente?
O problema de producir fronte ao problema de xestionar, que facemos coa enerxía cando a producimos?
Setembro constitúe unha sinal moi significativa. A elevada produción renovable pode provocar que, nalgúns momentos, exista máis electricidade dispoñible da que o sistema consume. Esta é a situación, sen dúbida, a que modifica as regras do xogo
Unha electricidade moi barata debería ser unha gran oportunidade para a industria. Pero esta electricidade que non podemos almacenar, transportar ou utilizar produtivamente pode acabar converténdose nun potencial económico lamentablemente desaproveitado, polo que o almacenamento adquire unha importancia estratéxica e é nel no que Galicia terá unha importancia estratéxica.
Almacenamento hidroeléctrico do Sil
Esta probablemente é a noticia enerxética máis importante do mes para Galicia.
A Senra infraestruturas solicitou unha concesión para utilizar 75.000 l/s dos ríos Sil e Edrada, en Parada do Sil, para almacenamento hidráulico de enerxía. Agora ábrese o procedemento de información pública e competencia de proxectos durante un mes.
¿Por que importa?
Porque representa exactamente o cambio que está a experimentar o sistema, da seguinte forma
E Galicia ten unha vantaxe extraordinaria ao contar con todos os activos clave: Auga, hidráulica existente, eólica, capacidade renovable, territorio e industria.
Este proxecto no entorno do SIL debería analizarse cunha perspectiva moito máis ampla que a estritamente enerxética. Non se trata só de construír unha nova infraestrutura, trátase de avanzar cara a un sistema no que a electricidade renovable poida desprazarse no tempo: producir e utilizar cando realmente se necesita.
Por tanto, a cuestión substancial é cantos megavatios seremos capaces de converter en actividade económica, para o que haberá que resolver o verdadeiro pescozo de botella: A Rede eléctrica.
O verdadeiro foco de discusión enerxética, desprazase da xeración ás redes, á estabilidade do sistema e ao almacenamento.
Isto ten unha enorme importancia para Galicia, xa que podemos atoparnos cunha situación absolutamente absurda: Temos recursos enerxéticos, pero non podemos conectar ao ritmo necesario para novos proxectos industriais.
É obvio que, se queremos atraer industria, centros de datos, proxectos de hidróxeno, novos procesos electrointensivos ou investimentos tecnolóxicos, necesitamos garantir simultaneamente enerxía, rede, solo industrial, auga, conectividade e capacidade loxística.
Do territorio produtor ao territorio industrial
É aquí, segundo a miña perspectiva, onde está o verdadeiro debate.
Galicia leva décadas producindo enerxía para outros territorios, o que contribuíu enormemente ao sistema eléctrico español, pero un plantexamento máis beneficioso debería ser o de utilizar unha maior parte da nosa vantaxe enerxética para xerar máis valor engadido aquí no noso territorio. Isto é moito máis profundo que unha transición enerxética, é unha verdadeira transición industrial tan necesaria nunha Comunidade que foi rebaixando a súa capacidade produtiva progresivamente.
Para iso non basta con aprobar proxectos, nin con atraer fondos, nin sequera con producir electricidade barata. Será imprescindible conseguir que todos os factores funcionen xuntos.
Galicia ten unha oportunidade, pero non é infinita
A xanela de oportunidade ten prazos, pero non estará permanentemente aberta.
Outras rexións europeas e españolas están competindo por atraer industria, centros de datos, hidróxeno, baterías e proxectos tecnolóxicos.
A vantaxe enerxética de Galicia pode ser importante, pero non é suficiente por si soa.
A competitividade dependerá da nosa capacidade para transformar con axilidade a vantaxe natural en infraestrutura, coñecemento, empresas e actividade económica.
Por iso, quizais o mellor indicador do éxito da transición enerxética en Galicia non debería ser unicamente o porcentaxe de electricidade renovable, Galicia necesita unha estratexia que conecte todas as pezas, o que esixe unha decisiva visión empresarial.
A cuestión a considerar:
¿Que Galicia queremos e poderemos construír se somos capaces de converter a nosa enerxía en industria, coñecemento e oportunidades?
O éxito da transición enerxética para Galicia medirase realmente no número de oportunidades que logremos reter para construír unha verdadeira soberanía económica.